Dous accidentes por saída de vía en Narón e Cerdido esta fin de semana

Un turismo sufriu onte unha saída de vía no barrio naronés de Santa Cecilia, e acabou chocando cunha farola no cruce das vías Camiño Real e Avenida da Solaina.
Segundo informaron fontes da Policía Local, no vehículo viaxaba unha parexa e a súa filla de tres anos, que tivo que ser trasladada ao hospital Arquitecto Marcide para permanecer en observación tras sufrir un episodio de ansiedade. Tal e como indican as mesmas fontes, o suceso foi leve dado que a velocidade do coche non superaba os 20 ou 30 kilómetros hora, a velocidade máxima permitida en cidade.
Pola súa parte, en Cerdido, un motorista foi trasladado onte tras sufrir tamén unha saída de vía na AC862 en dirección Ferrol, e colisionar coa bionda de protección. As feridas eran de carácter leve. l

Dous accidentes por saída de vía en Narón e Cerdido esta fin de semana

Te puede interesar