lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Doso entregouse á tarefa da esfolla

A festa celebrada na pista polideportiva de Doso rexistrou un gran ambiente durante toda a tarde | emilio cortizas

A pista polideportiva de Doso encheuse onte de xente para celebrar unha nova edición da Recreación da Esfolla, festa organizada pola AVV A Naveira coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón. A actividade daba comezo sobre as cinco da tarde co desprazamento dos carros cargados de mazarocas de maínzo desde o rueiro da Braña ata a pista, onde foron recibidos con música.


A partir dese momento, houbo espazo para o desenvolvemento dos obradoiros deseñados para a ocasión, como o de elaboración de bonecos de maínzo ou o de bolas na tixola, e para a propia demostración da esfolla, aberta á participación do público. O programa incluíu ademais un concurso de sobremesas, con postres elaborados con produtos de temporada, así como a actuación musical do grupo “Os do fondo da barra”, que serviu para pechar a cita. 

Doso entregouse á tarefa da esfolla

Te puede interesar