Diapasón ultima o obradoiro de música coral con Javier Busto

Diapasón ultima o obradoiro de música coral con Javier Busto
Semana Música Recimil

A partir de mañá os alumnos inscritos no 1º Taller de Música Coral que organiza o coro Diapasón terán a oportunidade de asistir ás clases co reputado músico e profesor vasco Javier Busto. Serán un total de 60 persoas pertencentes a oito coros non só de Ferrol senón de toda a provincia da Coruña os que asistan desde o venres as súas leccións, despois de ter traballado durante todo o mes de setembro co director Juan Brage, responsable do coro Diapasón, no traballo previo que agora culmina Busto. 
O Centro Cívico de Caranza acollerá todas as clases do mestre guipuzcoano. A primeira delas será mañá de 19.00 a 22.00 horas, a segunda o sábado de 10.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00. 
O domingo haberá unha actuación ás 13.00 horas na igrexa de San Francisco, con outro ensaio previo por parte dos coristas participantes entre as 10.00  e as 11.30 horas. Esta actividade musical e didáctica lévase a cabo por vez primeira coa organización do coro Diapasón grazas á subvención concedida pola Concellería de Cultura de Ferrol para este tipo de iniciativas.

Diapasón ultima o obradoiro de música coral con Javier Busto

Te puede interesar