Día dos Museos | Visitas guiadas para sensibilizar sobre o valor cultural destes espazos

Día dos Museos | Visitas guiadas para sensibilizar sobre o valor cultural destes espazos

Todos aqueles que hoxe teñan pensado secundar a celebración do Día Internacional dos Museos, centrado este ano no lema “Museos hiperconectados: enfoques nuevos, públicos nuevos”, contribuíndo deste xeito a enxalzar e poñer en valor estes espazos culturais, terán varias opcións para facelo na comarca de Ferrolterra. Visitas guiadas e outro tipo de actividades pemitirán ao público achegarse aos contidos de cada un deles.
Exponav
A Fundación Exponav organiza, ás 12.00 horas, unha visita guiada gratuíta para a que non é necesaria inscrición previa. Será unha excelente oportunidade, salientan desde a entidade, de coñecer o novo módulo dedicado á Sociedad Española de la Construcción Naval, situado na primeira planta do edificio de Herrerías e que vén de abrirse ao público. Este espazo forma parte do proxecto de remodelación no que está inmerso o museo e dentro do cal está previsto inaugurar outros seis sobre a evolución da construción naval na ría, todos eles en colaboración con Navantia.
Museo Naval
Tamén no Museo Naval será hoxe unha xornada especial, polo que ampliará o seu horario de apertura –desde as 9.30 ata as 20.00 horas–. Durante este tempo, realizaranse visitas guiadas cada dúas horas así como sesións de contacontos infantís, tres matinais –ás 10.00 horas “El pirata sin nombre”; ás 11.00 “Aimé, el pequeño polizón”; e ás 12.00 “La historia de Tom cabeza vacía”– e outras dúas pola tarde –“Derek el joven” ás 17.00 horas e “Estrellas do mar”, ás 18.00 horas–. 
Fene
O Concello de Fene celebrará tamén hoxe o Día Internacional dos Museos por partida doble. Na Casa da Cultura terá lugar, ás 18.00 horas, unha visita á exposición “Retrospectiva”, guiada pola propia pintora Beatriz Seijo. Á marxe deste convite especial, a mostra pode visitarse ata o 31 de maio, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 horas. A participación é libre, sen necesidade de inscrición previa. Así mesmo, no Museo do Humor, ás 20.00 horas dará comezo “Anécdoloxía”, un monólogo do cómico Oswaldo Digon, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
Valdoviño
O Concello de Valdoviño conmemorará hoxe a efeméride cunha visita guiada ao Océano Surf Museo, un percorrido que estará guiado por Vicente Irisarri, confundador do Océano Surf Club e un dos inspiradores, xunto a Jesús Busto, do devandito espazo. A cita terá lugar ás 18.00 horas e a participación é libre, sen necesidade de inscrición previa. O museo abre de luns a domingo e a entrada é gratuíta.
Etnográfico da Capela
O Museo Etnográfico da Capela tamén se unirá á celebración cunha xornada prevista para mañá sábado. Dará comezo ás 10.00 horas cun roteiro eco-etnográfico pola contorna da “Casa so Pazo”, parque do Sesín e Escola de Guitiriz –dificultade baixa–. De 16 a 20 horas haberá unha xornada de portas abertas na Casa do Pazo para dar paso, ás 22.00 horas, á actividade “Noite no museo”, que incluirá o concerto de VooDoo e unha queimada. l

Día dos Museos | Visitas guiadas para sensibilizar sobre o valor cultural destes espazos

Te puede interesar