A Deputación da Coruña amplía a teleasistencia para incluír ao Concello de Ferrol

A Deputación da Coruña amplía a teleasistencia para incluír ao Concello de Ferrol
Catalina García, Ana Lamas e Eva Montero, onte, no Fogar Infantil da cidade | cedida

A Deputación da Coruña habilitará e sufragará o servizo de transporte entre os centros educativos de Ferrol e Narón e o Fogar Infantil. Trátase dunha demanda dos municipios, que reclamaban que se recuperase un servizo que funcionaba antes da pandemia e que quedou interrompido por esta. 
 

A deputada provincial de Benestar, Ana Lamas, fixo este anuncio nunha visita ao Fogar que realizou na mañá de onte acompañada polas concelleiras da área nas dúas localidades, Eva Martínez e Catalina García.
 

O transporte iniciarase nos vindeiros días, segundo indicou Lamas. “Para nós é unha prioridade colaborar cos concellos, é a nosa razón de ser, e entendemos que a protección á infancia é unha das nosas prioridades”.
 

“É un recurso moi importante para Ferrol porque hai familias que precisaban este servizo, que precisaban comer nestas instalacións, e dentro duns días poderán volver facelo”, aclarou a concelleira ferrolá Eva Martínez.
 

A súa homóloga en Narón, Catalina García, indicou que no municipio non hai máis asistencia ao Fogar Infantil precisamente pola falta de transporte. Na actualidade son cinco persoas. Por iso o de onte era “un día de celebración e agradecemento polo esforzo e a implicación da Deputación”.
 

Teleasistencia

Na visita tamén se anunciou a ampliación do servizo de teleasistencia que sufraga a Deputación a municipios de 75.000 habitantes. Na actualidade chegaba a 50.000 ou menos, o que na práctica deixaba fóra ás tres cidades da provincia. Con esta ampliación, que se debaterá no próximo pleno da institución, súmase Ferrol.
 

“Era unha demanda transmitida desde hai tempo por parte da concellería”, explicou Ana Lamas. 
 

“Para nós é tremendamente importante por dúas cuestións: a calidade do servizo que presta a Deputación é magnífico, máis moderno que o de Ferrol e pode chegar a moitas máis persoas; ademais, permitiranos dispor dun maior orzamento en Benestar Social”, comentou a concelleira Eva Martínez.

A Deputación da Coruña amplía a teleasistencia para incluír ao Concello de Ferrol

Te puede interesar