• Miércoles, 23 de Mayo de 2018

Demostración de cestaría no Castelo de Moeche para abrir os actos do 17 de Maio

O Concello de Moeche abrirá esta mañá o programa dedicado ás Letras Galegas e a homenaxe a María Victoria Moreno

Demostración de cestaría no Castelo de Moeche para abrir os actos do 17 de Maio
A mostra permanecerá aberta no castelo ata o vindeiro 27 de maio
A mostra permanecerá aberta no castelo ata o vindeiro 27 de maio

O Concello de Moeche abrirá esta mañá o programa dedicado ás Letras Galegas e a homenaxe a María Victoria Moreno cunha demostración ao vivo de cestería no Castelo de Moeche, onde ata o vindeiro día 27 pode ser visitada a mostra organizada pola asociación veciñal Val de Moche coa participación do alumnado do seu curso desta artesanía.
Cestos, adornos para botellas, bolsos e outros moitos obxectos forman parte da devandita exposición.
As propostas continuarán pola tarde. Así, a partir das 17.00 horas no local social de Lavacengos, terá lugar unha cita que combinará textos da autora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas coa música de Sara Guerreiro e Javier Rodríguez, voz e acordeón, respectivamente, do grupo tradicional Encrucillada.
O sábado, a conmemoración das Letras Galegas trasladarase ao Mercado de Moeche coa actuación musical “Homenaxe aos poetas” prevista para as 12.00 horas e no que o artista Manoel de Felisa fará un percorrido pola literatura galega con textos musicalizados.
O sábado 26, o castelo de Moeche será escenario do espectáculo “Brinca Vai” de Paco Nogueiras, dirixida a nenos a partir de tres anos de idade.