A cultura galega citouse en Ferrol

A cultura galega citouse en Ferrol
Conselleiro y alcalde arroparon a los premios desde su llegada al Jofre | Daniel Alexandre

Cantareiras e músicos do coro Encaixe serviron esta noite de xoves de fío condutor na gala da entrega dos premios da Cultura Galega 2024, que tivo como escenario Ferrol e o seu teatro Jofre.


Castelao, Luis Seoane, Máximo Ramos, Vicente Risco, Fermín Bouza, Carvalho Calero, Torrente Ballester e moitos outros referentes foron subindo ao escenario nas palabras de cada un dos premiados, aos que se lles recoñeceu o seu labor en distintas disciplinas culturais.


Coa presenza de numerosas autoridades civís, militares e representantes dos eidos da inxente actividade cultural da cidade, a gala contou tamén coa actuación de Nova Galega de Danza, que lembrou, unha vez máis, coa súa arte o duro traballo da construción do Dique da Campá do Arsenal Militar de Ferrol.
O teatro Jofre contou cun telón de excepción, que puido apreciarse no comezo da gala, coa proxeción e reprodución do Rosetón oxival de Castelao.

 

Nova galega
 

Ferrolterra tivo especial protagonismo con dous dos seus premiados, Pepe Barro, natural de Pontedeume e Julia Díaz, a xornalista ferrolá que foi recibida polo coro cunha versión galega de “Súbeme la radio”, tal e como se fixo cunha peza axeitada a cada un dos premiados.

 

Pepe barro
O galardoado Pepe Barro


O alcalde, José Manuel Rey, interviu no comezo do acto destacando expresións de arte local e o papel do teatro como espazo de miles de representacións.


O conselleiro de Cultura, José López Campos, pechou o acto ensalzando a “eclosión cultural” galega que segue a medrar “co apoio da Xunta”, indicou. 

 

 

 

Premiados

 

Manuel Lorenzo (letras)
Autor de máis de 150 obras teatrais, ensaios, poesía e creador no ámbito teatral e literario. Cofundador da Escola Dramática Galega.

 

Pepe Barro (artes visuais)
Deseñador con máis de cincuenta anos de traballo. A súa actividade desenvóvese desde 1973.

 

Marta Pazos (artes escénicas)
Directora de escena, escenógrafa, dramaturga e artista visual galega. Fundadora da compañía de teatro Voadora, gañadora, entre outros, de cinco premios de teatro María Casares. con Tokio3.

 

Joaquín Martínez (música)
Conocido como Qin, é director de Esmerarte Industrias Creativas e un dos nomes imprescindibles no panorama musical actual.

 

Ficción producciones (audiovisual)
Liderada por Mamen Quintas e Julio Casal é unha das produtoras audiovisuais máis destacadas do panorama español.

 

Julia Díaz (lingua)
Figura clave do xornalismo galego contemporáneo. Cunha carreira marcada polo compromiso coa verdade e coa lingua. Fixo da radio o seu altofalante para moitas xeracións.

 

X. Manuel González Reboredo (patrimonio cultural)
Etnógrafo con máis de 200 publicacións en Galicia, resto de España, Países Baixos e Portugal. Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego, entre outros galardóns.

 

Real Club Celta de Vigo (proxección exterior)
O himno do centenrario, Oliveira dos cen anos, de C. Tangana, trascendeu o musical para converterse nun legado emocional.

Premiados
 

A cultura galega citouse en Ferrol

Te puede interesar