Cuerda Floja Producións presentará en Madrid a película sobre a ferrolá Ángela Ruiz Robles

Cuerda Floja Producións presentará en Madrid, na sección oficial do Festival de Cine da capital, o documental sobre a ferrolana Ángela Ruiz Robles, que xa se presentara en Ferrol.
Ángela Ruiz Robles está considerada a precursora do libro electrónico, xa que na súa labor de mestra e no seu afán por facer a ensinanza moito máis intuitiva e amena ideou unha enciclopedia mecánica que se fixo nos talleres da Armada e que se considera a precursora mundial do libro electrónico.  A súa intención era liberar aos nenos da carga que supoñían os libros, que probablemente aínda hoxe continúa existindo. 
O documental presentado en Madrid por Cuerda Floja é unha iniciativa feita polos directores, realizadores e productores ferroláns Carlos Quirós e Cristina Esteiro, en colaboración co Concello local e Cuerda Floja. 
O traballo é o resultado de máis dun ano de investigación e documentación sobre esta muller e mestra que naceu en León en 1895 e morreu en Ferrol en 1975. Aquí pasou parte da súa vida logo de acadar unha plaza como docente tras aprobar as oposicións de Maxisterio en 1917, chegando a Ferrol un ano despois. Recoñecéronselle varios inventos máis. l

Cuerda Floja Producións presentará en Madrid a película sobre a ferrolá Ángela Ruiz Robles

Te puede interesar