Crítica de arte | Unha pintura atlántica

Crítica de arte | Unha pintura atlántica
Malena Carballo, nunha imaxe facilitada polo autor do texto

Nos primeiros anos oitenta, do século pasado a aparición na Galiza dun fenómento estético –cal foi o do Grupo Atlántica– alumeado cunha forte dosis de neoexpresionismo, deu lugar a aparición dunha nova arte na nosa Terra, que a vez que sirveu para rachar co que se viña facendo, tamén serviu para alentar a creación dentro da arte, na liña do que o mesmo nome do movimento expresaba. Esto é a creación dunha arte de expresión atlántica. Simón Marchán definíu esta “expresión atlántica” como un retorno do reprimido nun territorio antropolóxico concreto.
Efectivamente por medio da arte tentouse interpretar a realidade material e a realidade imaxinada, sin corsés, sin represión, conseguindo que os creadores de entó nos puxesen ao mesmo nivel que a arte europea.
Nunha palabra, retomábase o concepto do atlantismo, emboga nos anos vinte do século pasado, como remedo dunha arte que rebasaba as costas galegas, acollendo o que se entendía por mundo celta. Pero a Atlántica, foi unha porta que se abríu na arte galega, e da que hoxe inda se está a beneficiar.
Tamén débese ter en conta os movimentos sociais e políticos que se deron na Galiza e mais concretamente en Ferrol. Tomando como eixo central de todos eles, a chamada reconversión naval que deu lugar a un elevado paro, así como a consecuente emigración, con tódas as consecuencias sociais que todos coñecemos, e a cidade de Ferrol con unha poboación en níveis dos anos cuarenta do século pasado.
Con este dous elementos, a Atlántica e os movimentos sociais e políticos en Ferrolterra, podemos entender a pintura de Malena, xa que por un lado a artista traballa con ese neoexpresionismo, reafirmativo da arte galega e por outro son dos que pensa que na pintura se somatizan, mesmo sin querelo a artista, moitos dos problemas sociais que a rodean.
Ao mesmo tempo que nacía a Atlántica na Galiza, na Documenta de Kassel de 1982 artistas como Baselitz, Kiefer, Immerdorff, Lüpertz ou Polke, propoñían nos seus traballos, un xeito de pintar que tiña moito que ver co expresionismo alemán, co expresionismo abstracto norteamericano, ou co fauvismo de Matisse. Esto foi o que se dou en chamar neo-expresionismo.
Tiñan un moito de xestualidade na pincelada, e de violencia que lles viña dado polo colorido aplicado a súa obra. Reparade na obra que Malena nos propón e si ben por proximidade cultural podemos decir que é herdeira do movimento da Atlántica, pola súa xestualidade, e polo colorido da obra, podemos enmarcala claramente dentro do neoexpresionismo europeo. Chama a atención que unha obra primeiriza e dunha artista autodidacta, chegase as mesmas conclusións estéticas que xente moi recoñecida.
Compre salientar que xente da Atlántica, como Berta Cácamo ou Menchu Lamas, Antón Lamazares, ou Anxel Huete, tamén asumen eses postulados de abstracciòn e colorido, pero para nada utilizan unha linguaxe tan violenta como o empregado por Malena, na que a color e a textura, nos presentan o seu mundo metafórico. Esta linguaxe coa súa forte dose de violencia, non sería mais que o xeito pictórico de amosar o imaxinario social dunha Ferrolterra en crise permanente. Así que o dripping, como expresión máxima da xestualidade e do azar, é administrado pola nosa pintora, xunto coa figuración, no seu relato metafórico.
E na linguaxe da nosa artista, debemos salientar o papel das texturas, como novedoso dentro deste neoexpresionismo, dentro do que encadramos a pintora.
O valor que supoñen as texturas poderíamos definilo como a firma da artista. E un valor engadido a linguaxe que ela emprega. Os temas vense resaltados por ise caracter táctil, que lle confire ao cadro certa realidade.
Os cadros das ninfeas, que son tratadas con moita agresividade tanto pola cor, como pola composición, cobran outro valor pola textura con que son feitas. Mesmo as veces a textura asume sempre coa pintura o papel principal do cadro, e lémbranos a pintores como Manuel Millares, que trataba de reflectir a represión da sociedade que lle tocou vivir.
E o colorido que volta a ser nexo de unión, con todo o neoexpresionismo europeo, con todo o que se deu en chamar Atlántica. Valor netamente galego, por canto non soio foi defendido polos teóricos como elemento esencial da arte galega, senón que é unha sinal de identidade do Grupo Atlántica.
A obra de Malena, está feito a base de cores primarias. O azul, o vermello, e o amarelo, son as cores escollidas para plantexarnos as metáforas que dentro de cada cadro cada quen interpreta como quere.
E xa metidos no mundo metafórico da autora, quixera resaltar o círculo como tema moi tratado pola pintura moderna, por ser símbolo universal do eterno retorno do tempo, ou a temática tan cara para Malena das ninfeas, flores acuáticas que a autora, pon ben amarradas a terra. Ou o cadro que titula A magdalena de Proust, e que resume un pouco a súa exposición.
Nesta mostra preséntanos temas, que nos fan lembrar outros, e outros autores. Paréceme que a autora, amósanos un desparpaxo, propio de alguén seguro de sí mesma, que sabe o que fai.
O mito de Sísifo, que volta a comenzar unha e outra vez, sírveme para lembrar como os habitantes de Ferrolterra, dependentes do monocultivo naval, estamos condenados a comenzar unha e outra vez, a erguernos outra volta.
E a arte, queiramos ou non, como medio de comunicación, volta a lembrarnos onde estamos.

Crítica de arte | Unha pintura atlántica

Te puede interesar