Covas ábrese á comarca no novo número da revista “Columba”

A biblioteca da asociación Columba de Covas acolleu onte a presentación do número 15 da homónima revista de historia da entidade.

Covas ábrese á comarca no novo número da revista “Columba”
Un momento do acto nunha ateigada biblioteca	                     daniel alexandre
Un momento do acto nunha ateigada biblioteca daniel alexandre

A biblioteca da asociación Columba de Covas acolleu onte a presentación do número 15 da homónima revista de historia da entidade. O presidente José López Hermida e o concelleiro de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado, salientaron o esforzo da publicación por abrirse a novos espazos e incidiron na calidade que ten acadado a mesma.

Esta nova edición de “Columba” contén artigos como “Os seres míticos. Lendas e contos da Terra Extrema”, por Xabier Monteiro Graña, así como “O insólito dalgúns topónimos” e “Un estimulante coloquio sobre Os desherdados”, ámbolos dous a cargo do escritor local Henrique Dacosta. Tamén poderán lerse os artigos “Unterseeboote en nuestras costas”, de Mario Valdivieso; “Los cañones de O Medote”, de López Hermida e Yago Abilleira Crespo, ou “Aurora Rodríguez, nai da nena-prodixio Hildegart”, de Manuela Santalla, etc.  

O numero sae á rúa cunha tirada de 500 exemplares a un prezo de 3 euros. Como destacou o presidente de Columba, José López Hermida, a sociedade non para e xa está pensando nos contidos do exemplar que se elaborará de cara ao próximo ano.