miércoles 20.11.2019

O Concello de Cariño executou a senda peonil na vía que dá acceso a Figueiroa e ás praias

De forma previa a estes traballos, a Deputación pavimentou e ampliou un metro o firme da vía
Imaxe da vía obxecto dos traballos
Imaxe da vía obxecto dos traballos

O Concello de Cariño continúa cos traballos de mellora da seguridade vial na vía DP-6115 que une o casco urbán con Figueiroa e as praias. Así, actualmente está a executar o proxecto de construción dunha senda peonil paralela á vía para garantir un acceso máis cómodo e seguro aos arenais. Anteriormente, o derrubamento dunha parte da estrada provocou que a Deputación da Coruña, titular da vía, realizara diferentes traballos de mellora que xa remataron. Estes consistiron na pavimentación do firme e a ampliación dun metro no firme, pasando do anterior ancho de cinco metros a os seis cos que conta agora. Foron construídos así mesmo dous muros que permitiron acometer agora o proxecto de construción da senda peonil.

Doutra banda, a Deputación procedeu tamén ao pintado da vía e a inclusión, a petición do goberno local, dun paso de peóns á altura de A Cerca, xa que era moi demandado polos veciños e veciñas da zona.

O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, amosouse moi satisfecho polo resultado das actuacións desenvolvidas sobre a devandita estrada, que melloran considerablemente a súa seguridad vial xa que “en una vía transitada como esta, sobre todo en verano, pasamos a tener una carretera más ancha para soportar el paso de los vehículos y además tendremos una senda para lograr un tránsito más seguro para los peatones”, afirmou.

Comentarios