A compañía Sarabela Teatro representa no Pazo da Cultura a obra “Crónicas do paraíso”

A compañía Sarabela Teatro representa no Pazo da Cultura  a obra “Crónicas do paraíso”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-6f149f08

Con dúas citas chega a fin de semana ao Pazo da Cultura de Narón. Esta tarde, a compañía Sarabela Teatro poñerá en escena “Crónicas do paraíso”, unha peza de xénero dramático, dunha hora de duración e dirixida ao público adulto.

A representación dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden ser adquiridas na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

A obra constitúe unha versión libre de “As crónicas de Sochantre”, do novelista e dramaturgo lucense Álvaro Cunqueiro.

Os bandidos, as armas, o diñeiro e o sangue están moi presentes nesta historia, na que se recrea o universo do crime e onde a vida e a morte conviven e dan paso a situacións irónicas.

A montaxe pretende ser ademais unha homenaxe a un dos autores máis relevantes da literatura galega a través do teatro.

O público infantil será mañá o destinatario da xornada coa representación da peza “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. A función terá lugar ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura e será posta en escena pola compañía A Xanela do Maxín.

As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo a uns prezos que oscilan entre os 6,65 e 9,50 euros, tal e como se informou.

A compañía Sarabela Teatro representa no Pazo da Cultura a obra “Crónicas do paraíso”

Te puede interesar