miércoles 19.02.2020

O comité de empresa de Benestar Social traslada a súa problemática laboral a FeC

Denuncian a insuficiencia de persoal e a incorrecta derivación de pacientes
Imaxe da reunión do grupo de Ferrol en Común co comité de empresa | fec
Imaxe da reunión do grupo de Ferrol en Común co comité de empresa | fec

O comité de empresa de Benestar Social reuniuse onte co grupo municipal de Ferrol en Común para comunicarlles a súa problemática laboral, denunciada públicamente en varias ocasións.

Describen nas súas reivindicacións unha situación de sobrecarga de traballo, posto que non hai o persoal suficiente para atender aos usuarios e residentes. Ao mesmo tempo, denuncian que non se lles está a compensar o traballo de domingos e festivos. Tamén alertan dunha derivación incorrecta de pacientes aos centros de maiores, xa que non cumpren requisitos nin por idade nin polas súas doenzas.

O pasado agosto, auxiliares de enfermaría da residencia de Caranza xa denunciaban públicamente unha situación de sobrecarga que aseguran que pon en risco aos residentes.

Comentarios