A comedia “Al final de la carretera” despide a temporada teatral no Jofre

A comedia “Al final de la carretera” despide a temporada teatral no Jofre
Diario de Ferrol-2015-06-13-017-e91202f0

A programación cultural da concellería de Cultura que dirixiu Reyes García Hurtado nos últimos catro anos chega ao seu fin. No apartado musical fíxoo onte no Jofre co grupo indie Señor Chinarro dentro do ciclo “Sons Ferrol 2015”.
Hoxe tócalle o turno ao teatro comercial con populares rostros da televisión. Así, ás 20.30 horas, con entradas entre os 10 e os 15 euros, poderá verse “Al final de la carretera”, unha comedia de Willy Russel, divertida á vez que amarga que nos fala da crise, pero non  da económica senón doutra moito máis profunda e con peor solución se iso é posible: a que senten os protagonistas ao chegar aos corenta anos e darse de conta de que a súa vida non é nin por asomo como soñaran cando máis novos. Foi ben tratada pola crítica que destacou a súa temática e a actuación do seu cuarteto protagonista.
Dirixida por Gabriel Olivares, a obra está protagonizada por Melanie Olivares (“Aida”); Manuel Baqueiro (“Amar en tiempos revueltos”); a popular Marina San José, filla de Víctor Manuel e Ana Belén, que traballou en “Amar en tiempos revueltos” ou “Gran Reserva”, e Raúl Peña (“Los misterios de Laura”).

A comedia “Al final de la carretera” despide a temporada teatral no Jofre

Te puede interesar