O colectivo estudiantil esixe a implantación dunha materia de educación sexual inclusiva

O colectivo estudiantil esixe a implantación dunha materia de educación sexual inclusiva
Manifestación estudiantes

Ao igual que en moitas outras esferas da sociedade, “o machismo e a opresión sexista” séguese a sufrir tamén no sistema educativo. É por isto que o Sindicato de Estudantes, de xeito conxunto coa plataforma feminista “Libres e combativas” decidiu convocar onte unha xornada de folga á que estaban chamados todos os estudantes do territorio español.
En Ferrol, organizouse unha concentración con posterior percorrido ata o Cantón que serviu para poñer de manifesto as reivindicacións do colectivo.
Así, tal e como salientou a integrante do Sindicato de Estudantes na comarca, Carlota Dopico, a mobilización tocou tres puntos fundamentais.
“En primeiro lugar, pedimos ao Estado que en lugar de destinar recursos á Igrexa, poña en marcha de forma inmediata unha materia de educación sexual inclusiva avaliable e obrigatoria en todos os centros de estudo, tanto públicos como privados, para educar en liberdade, contra o machismo e para que todos podamos ser o que somos”, apuntou.
Esixen tamén os colectivos convocantes un Decreto Lei que elimine de maneira inmediata dos regulamentos internos dos centros de estudo calquera referencia machista e represiva “á nosa forma de vestir, recollendo explicitamente o respecto á liberdade sexual de todas as persoas”, salientan. “Mil exemplos hai destas situacións”, din desde os colectivos.
Solicitan así mesmo “medidas contundentes contra os docentes con actitudes machistas e sexistas, que aínda “que son minoría, existen”, lamentan, e, como xa fixeron ao longo do curso pasado en diferentes ocasións, piden tamén “a derrogación inmediata da Lomce, que cesen os recortes en educación e que a ensinanza pública sexa gratuíta para as fillas e fillos das familias traballadoras”, manifestou Dopico.
A convocatoria celebrada onte na cidade naval, enmarcada nunha folga de carácter estatal, contou co apoio de entidades como Fuco Buxán e a Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas. l

O colectivo estudiantil esixe a implantación dunha materia de educación sexual inclusiva

Te puede interesar