Cogami conseguiu 245 insercións laborais de persoas con discapacidade o ano pasado

Cogami conseguiu 245 insercións laborais  de persoas con discapacidade o ano pasado
maría aneiros coordina la labor de cogami en la comarca daniel alexandre

O pasado mes de maio, as entidades integradas en Incorpora Galicia –entre as que se atopa Cogami– firmaron un convenio de colaboración con Cofer para promover a inserción laboral dos colectivos desfavorecidos. O emprego é un dos pilares de traballo de Cogami, aínda que, como explica a súa coordinadora María Aneiros, a formación ou o ocio tamén forman parte da actividade da entidade.

Que é Cogami e a quen presta servizo?
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade –Cogami– nace no ano 90 e a súa misión é a plena integración das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade. A confederación está formada por 53 asociacións pero tamén ten servizos propios de Cogami, con sede central en Santiago e oficinas nas principais cidades, entre elas Ferrol. Aténdese a toda a comarca de Ferrol, Eume e Ortegal.

A canta xente atenden na zona de Ferrol e comarcas?
Nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal atendemos a 2.600 persoas con discapacidade (que teñen recoñecida unha discapacidade do 33%) e con incapacidad permanente nos grados de total ou absoluta. Destes, pertencerían a Ferrol 1.100 persoas, unhas 800 a Narón e o resto serían dos demáis municipios das comarcas.

Que labor desenvolve Cogami? Está enfocada sempre ó ambito laboral?
Aínda que un pilar fundamental é o emprego, pois a través del se pode conseguir a autonomía da persona, entre os servizos que prestamos está, ademáis, a información e o asesoramento para calquera tramitación de certificados. Tamén prestamos intervención social, a través de orientadores laborais, contando ademáis con recursos de outras entidades. A formación é outro pilar importante. Neste senso, proporcionamos cursos específicos e alternativas educativas enfocadas ao emprego (técnicas de búsqueda, elaboración de currículos, cartas de presentación, xeitos de facer entrevistas...) e ás habilidades sociais, para crear camiños de cara á inserción. Tamén temos actividades de ocio e tempo libre, un servicio de autonomía persoal, tratamos o tema da accesibilidade, etc. Habitualmente traballamos con xente en idade laboral, dende 16 ou 18 anos ata uns 65.

Hai ben pouco firmaron un convenio con Cofer para facilitar a inserción laboral. Que supón para o colectivo co que traballan?
Cogami forma parte do grupo da obra social La Caixa Incorpora Galicia, integrado en total por sete entidades sen ánimo de lucro. Todas traballamos na plena inserción social e laboral das persoas en risco de exclusión social.Estes programas tratan de sensibilizar á poboación en xeral e en concreto –a través de Cofer– ó empresariado, para que coñezan os beneficios que poden ter á hora de contratar. Supón contribuir á sensibilización da sociedade e das empresas para que confien neste colectivo perfectamente capaz para moitos traballos. Precisamente parte do servicio que se presta dende Cogami é a sensibilización de outras entidades e do empresariado, xa que son os que teñen a capacidade de insertar. Temos orientadores laborais que atenden a todas as comarcas (Ferrol, Fene e Neda na oficina da cidade naval e o resto a través de desplazamentos da orientadora os diferentes concellos). Dentro das funcións están tamén as visitas ás empresas para sensibilizar e que aposten por nós, como centro colaborador do servicio público de emprego, para disapacitados.

Como está a resultar a inserción laboral na comarca?
No 2012 acadamos 245 insercións laborais nestas tres comarcas. Actualmente levamos 47 no que vai de 2013. Trátase de sectores profesionais variados, con non moita cualificación.
Das inclusións laborais que son captadas directamente por nós, porque contactamos coas empresas ou elas con nós, conseguimos unha taxa de incorporación ó mercado laboral dun 44%. Os resultados, pese a ser unha zona castigada pola situación económica, son bos, porque cada ano vanse incrementando esas cifras de inserción aos postos de traballo. Ademáis intentamos non só ter contacto coa persona que busca traballo senón que tamén facilitamos perfiles e itinerarios axeitados para encamiñar ás persoas hacia as ocupacións máis axeitadas.

Que papel xoga entón a formación?
Son importantes os procesos de reciclaxe de formación. Hai xente que tiña unha profesión e que agora, pola súa discapacidade, non pode realizala e ten que empezar noutras tarefas para poder entrar no mercado laboral. Nese proceso é onde hai que axudalos. Na zona de Ferrol, en Cogami disponse de catro orientadoras laborais, unha traballadora social e monitores de formación para cursos.

O lecer tamén ten cabida nas actividades de Cogami..
No capítulo de lecer temos o proxecto Gavea (Galicia vela adaptada) que fai posible que cada ano centos de persoas con discapacidade coñezan de cerca o mar a bordo do veleiro Laion. O programa de vacacións proporciona un respiro para as familias e tamén unha oportunidade de lecer para moitas persoas con discapacidade. Aquí haberá bautismos de mar o próximo día 1 de xullo, durante dous días. Tamén está a oportunidade de participar nas escolas de vela no municipio de Ares este verano. n

Cogami conseguiu 245 insercións laborais de persoas con discapacidade o ano pasado

Te puede interesar