O CIT pasa a denominarse Citeni e amplía o seu ámbito de actuación na investigación

O CIT pasa a denominarse Citeni e amplía o seu ámbito de actuación na investigación
Canle de ensaios hidrodinámicos da que dispón o Citeni, antigo CIT | jorge meis

Outra das novidades que trae o novo curso universitario en Ferrol ten como protagonista o centro de referencia en investigación do Campus. O CIT pasa a denominarse Citeni (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais) ampliando o seu ámbito de actuación.


O cambio de denominación responde a unha nova estratexia para incrementar e recoller todas as liñas de investigación relacionadas coa enxeñaría industrial, así como con outros ámbitos do campus. Así mesmo, ademais de recoller todos os grupos de investigación, o centro aglutinará agora a investigadores de áreas relacionadas coa UDC que se queiran adscribir ao mesmo. O director científico do Citeni, Armando Yáñez, e a directora técnica, Anne Gosset, pivotarán o seu plan estratéxico.


Convocatorias


A nova envergadura permitirá optar a convocatorias de proxectos de maiores dimensións e máis transdisciplinares. Máis de cen investigadores están están adscritos actualmente ao centro, con catro liñas principais de investigación: Tecnoloxías Navais e Industriais; Procesos Industriais e Loxística; Enerxía e transporte sustentable; e Materiais.


A construción naval, Desenvolvemento e implementación da industria 4.0, Enxeñaría dos metais, Produción de Enerxía e Saúde no contorno laboral constitúen os principais sectores de traballo aos que dedican os seus esforzos os distintos grupos de investigación. O Citeni conta cunha infraestrutura singular que o caracteriza, como é a canle de ensaios hidrodinámicos, unha das tres únicas que existen en España destinadas a ensaios con buques. Ten 56 metros de lonxitude, 4,5 metros de ancho e 1,8 metros de profundidade. O centro dispón ademais de 15 laboratorios nos que desenvolven as súas liñas de investigación os diferentes grupos. 

O CIT pasa a denominarse Citeni e amplía o seu ámbito de actuación na investigación

Te puede interesar