O cine de vangarda galego chega a Neda coa proxección de curtas independentes

O cine de vangarda galego chega a Neda coa proxección de curtas independentes
Neda casa cultura

Baixo o título “Piñas e mistos” hoxe, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Neda unha sesión dedicada ao cinema galego de vangarda. A cita incluirá unha presentación e unha proxección de curtas a cargo de Gonzalo E. Veloso, especializado en Teoría da Cultura nas universidades de Santiago de Cmopostela, UDC e Princeton University, así como en cinema co máster en Documental de Creación d Universitat Pompeu Fabra.
As súas obras téñense exhibido en festivais internacionais e centros de arte. As súas obras téñense exhibido en festivais internacionais e centros de arte. Como comisaro e programador independiente traballa para espazos de vangarda. Actualmente é o programador do Festival Internacional de Curtas de Verín.
A actividade permitirá ao público ter unha toma de contacto co cinema galego de vangarda, facilitando un achegamento comentado ás manifestacións máis libres do cinema galego experimental e de vangarda a través da proxección dunha serie de curtas.
Desde o goberno municipal de Neda convídase á veciñanza a interesarse polo que se está a facer en Galicia por cineastas independentes que están a gañar premios nos festivais máis importantes do mundo, como Cannes, Rotterdam, Toronto, FID Marseille, Oberhousen, San Sebastián, Mar de Plata ou Lincoln Center, entre outros.
Dentro destes grupos existe unha tendencia máis experimental, que é a que esta tarde protagonizará a sesión na Casa da Cultura de Neda.
O Concello conta coa colaboración da Asociación Cultural Millo para a celebración dun programa que incluirá a proxección de varias curtas. A entrada é totalmente gratuíta.


Contacontos
Por outra banda, o programa Ler Conta Moito, incluído na Rede de Bibliotecas de Galicia, concluirá mañá sábado cunha sesión de contacontos a cargo de Charo Pita. A actividade está dirixida a nenos e nenas de cero a tres anos. Nela contaranse “as cousas tan estrañas” que están a pasar no país de Cocoricoricó. l

O cine de vangarda galego chega a Neda coa proxección de curtas independentes

Te puede interesar