O ciclo “Son(s) de Ferrol” aumenta con Lori Meyers e Abraham Mateo

O ciclo “Son(s) de Ferrol” aumenta con Lori Meyers e Abraham Mateo
Diario de Ferrol-2015-02-14-021-83c49c01

A Concellería de Cultura vén de engadir dous novos nomes ao ciclo musical “Son(s) de Ferrol”, dúas propostas que van do rock independente ao fenómeno das fans adolescentes.
Así, o vindeiro 25 de abril, o Auditorio de Ferrol acollerá o único concerto en Galicia da banda indie Lori Meyers, referente do pop español independente. Esta agrupación granadina presentará o seu sexto disco “Impronta” que vai dende o tecno pop oitenteiro ao indie rock guitarreiro. As entradas poderánse adquirir a partir de hoxe a través da páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural), e o prezo oscilará será de 25 e 26 euros.

próximas escalas
Por outra banda, o artista español Abraham Mateo actuará o día 22 de maio no Auditorio de Ferrol. Unha aposta desde a Concellería de Cultura polo fenómeno fans que na última visita a Ferrol para unha sinatura de discos conseguiu xuntar a máis de 3.000 fans nun centro comercial.
O prezo das entradas para o concerto de Abraham Mateo será de 20 euros e os tickets se poderán adquirir a partir do luns 23 de febreiro, a través da ligazón: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
Lori Meyers e o gaditano Abraham Mateo completan a programación deste ciclo musical máis alternativo, que semella que definitivamente se trasladou do Teatro Jofre ao Auditorio. Ata o vindeiro mes de maio o programa queda do seguinte xeito: hoxe mesmo, ás 20.30 horas, Loquillo, un dos referentes do rock español dos 80, encherá o Auditorio, coas entradas esgotadas hai semanas. O 27 de marzo a encargada de encher o espazo ferrolán será a cantante galega Luz Casal. O intérprete Leiva seguirá no ciclo “Son(s) de Ferrol” o 18 de abril. A eles engádense agora Lori Meyers e o adolescente Abraham Mateo, diferentes nomes para unha variada paleta musical.

O ciclo “Son(s) de Ferrol” aumenta con Lori Meyers e Abraham Mateo

Te puede interesar