A chuvia obrigou a suspender a festa escolar dos Maios na que participaban 1.800 rapaces

A chuvia obrigou a suspender a festa escolar dos Maios na que participaban 1.800 rapaces
Imaxe dalgúns dos participantes no encontro que tivo que ser suspendido

A choiva obrigou finalmente a suspender a terceira edición da festa dos maios “Ferrol, de frores cuberto” que onte pola mañá reunía a uns 1.800 escolares de 17 centros educativos da cidade e comarca así como ao centro de maiores Geriatros na Praza de España. A cita estaba organizada pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol.
Ata este espazo foron chegando desde as dez da mañá os escolares coas súas respectivas composicións florais.
Trala actuación de dous dos colexios participantes e en vista de que o tempo empeoraba, desde a organización decidiuse adiantar a actuación do artista Paco Cerdeira, “Pakolas”; que si puido estrear a cantiga especialmente composta para esta festa e que todos os presentes puideron entoar ao unísono.

Unha media hora despois de dar comezo a cita, os organizadores decidían suspendela debido a que a choiva íase intensificando. Unha mágoa tanto para os cativos como para os promotores da festa, tal e como se lamentaba onte o concelleio de Educación Suso Basterrechea, sobre todo polo gran esforzo conxunto que hai detrás dun encontro que ten entre os seus obxectivos compartir espazos entre centros educativos, tamén con maiores, e reivindicar a cultura e lingua propias.

A chuvia obrigou a suspender a festa escolar dos Maios na que participaban 1.800 rapaces

Te puede interesar