Chega a Fene a exposición que recolle a presenza de galegos en Mauthausen

Chega a Fene a exposición que recolle  a presenza de galegos en Mauthausen
código de valores e de xustiza onde estaba excluída a vinganza persoal”. n

A mostra “Galegos en Mauthausen”, organizada pola Asociación Memoria Histórica Democrática, chega á Casa da Cultura de Fene mañá ás 20.00 horas cunha conferencia do historiador Enrique Barrera. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 24 de xaneiro en horario de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00, así como os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Tanto a exposición como o libro “Galegos en Mauthausen” xurdiu en 2011 dunha iniciativa das asociacións ferrolás Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán para render homenaxe aos veciños das bisbarras de Ferrolterra, Eume e Ortegal que padeceron prisión nos campos nazis de exterminio.

 

dereito a coñecer

Segundo o historiador Enrique Barrera, o obxectivo deste proxecto foi “botar luz sobre esta vergoña, saber cantos eran, como remataran en Mauthausen ou Buchenwald, identificar os seus familiares e coñecer como viviron este drama nunha ditadura que antes lles negaba o dereito a chorar os seus mortos e agora nunha democracia onde teñen que escoitar voces que cualifican de vinganza a recuperación da memoria histórica e a dignificación das súas vítimas”.

Tal e como se reflicte ao longo do libro e na propia exposición, “é asombrosa a dignidade destes presos e tamén a dos seus familiares (…). Impresiona a rede de solidariedade que os nosos veciños foron capaces de articular nese inferno para sobrevivir e axudar a sobrevivir, o que non todos lograron. Tamén impresiona a serenidade (que non resignación) dos familiares ante a traxedia e como os sobreviventes foron capaces de transmitir aos seus fillos, fillas e amizades un código de valores e de xustiza onde estaba excluída a vinganza persoal”.

 

Chega a Fene a exposición que recolle a presenza de galegos en Mauthausen

Te puede interesar