Unha charla abre hoxe a “Semana das Abellas de Ferrol”

Unha charla abre hoxe a “Semana das Abellas de Ferrol”
Feira do trece , feira do Mel

A delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza desde hoxe, en colaboración coa Concellería de Educación de Ferrol, a “Semana  das abellas”. O programa dará comezo esta tarde, ás 19.00 horas no centro cultural Torrente Ballester, coa primeira das tres charlas técnicas incluídas no programa.

A cita, aberta a todas as persoas interesadas, profundizará no tema dos custes que para os produtores de mel supón a loita contra a vespa velutina. Ana García Arias e María Amparo Ferreira, do Departamento de Economía Aplicada da USC, serán as relatoras.

Mañá martes, será a quenda para Xulio Maside, membro do Grupo de Xenómica Comparada de Parásitos Humanos da USC, que falará da “Procura de patóxenos autóctonos de vespa velutina”.

As charlas rematarán o mércores, desta volta coa participación de Pilar Iriarte, médico adxunto de Alergoloxía do Servizo Galego de Saúde no CHUF, que centrará a súa intervención en como actuar ante as picaduras de abella ou avispa.

Exposición
Xunto a estas charlas, a “Semana das abellas de Ferrol” completarase cunha gran exposición didáctica que poderá ser visitada os días 29 e 30 de novembro e 3 e 4 de decembro con horario de atención a escolares (de 9.00 a 13.30 horas e aberto ao público en xeral de 17.00 a 20.00 horas).

O obxectivo, explican desde AGA Ferrolterra, é facer unha aproximación ao mundo das abellas na importancia da polinización para o medio ambiente e para a alimentación.

Unha charla abre hoxe a “Semana das Abellas de Ferrol”

Te puede interesar