O Centro de Linguas da UDC ten aberto o prazo para os cursos da quenda de verán

O Centro de Linguas da UDC ten aberto o prazo para os cursos da quenda de verán
Edificio Apoyo Estudio Campus Esteiro

O Centro de Linguas da Universidade da Coruña no campus de Ferrol ten aberto o prazo de inscrición para os cursos de verán. O período para formalizar as solicitudes prolongarase ata o vindeiro 13 de maio (a matrícula terá que facerse do 14 ao 23 de maio). 
Desta volta introdúcense como novidade unha especie de obradoiros de francés e alemán dirixidos a aquelas persoas que desexen iniciarse nestas linguas sen ter como prioridade presentarse a ningún exame. Ámbalas dúas iniciativas terán lugar os martes e xoves e terán unha duración de trinta horas a ao longo de quince sesións.
Xunto a estas actividades ofertarase outro curso de conversación de inglés de nivel B1 e outros de preparación para as probas oficiais de diferentes linguas tanto en inglés como en portugués.
Tal e como salientan desde o Centro de Linguas, todos estes cursos están abertos tanto aos membros da comunidade universitaria como a cidadanía en xeral  interesada na formación.

O Centro de Linguas da UDC ten aberto o prazo para os cursos da quenda de verán

Te puede interesar