A Casa do Mar adaptarase como albergue de peregrinos se goberna José Manuel Rey

A Casa do Mar adaptarase como albergue de peregrinos se goberna José Manuel Rey
O alcaldable popular reuniuse no Almirante co sector do turismo | jorge meis

Despóis dun encontro sectorial con representantes do turismo, o candidato á Alcaldía polo PP, Xosé Manuel Rey, criticou a xestión do que califica de “tripartito da parálise” ao sinalar que “se limitaron a ocupar un asento”. Neste senso, Rey Varela considera que o turismo é unha gran oportunidade para Ferrol, para xerar emprego e riqueza, e lembrou que “durante o meu mandato conseguimos a declaración de Interés Turístico Rexional para as Pepitas, Internacional para a Semana Santa e abrimos a oficina de turismo da praza de España, a ruta da construcción naval e Capitanía para as visitas”.

Agora, promete o impulso da marca Ferrol, do surf, de Equiocio e das Meninas e convertirá a Casa do Mar nun albergue de peregrinos co apoio da Xunta e da Apsfc para potenciar a ruta xacobea e dotar a Ferrol das infrestruturas necesarias.

A Casa do Mar adaptarase como albergue de peregrinos se goberna José Manuel Rey

Te puede interesar