Canido réndese á tradición dos Maios cun ollo posto no ceo

Canido réndese á tradición dos Maios cun ollo posto no ceo
Canido pasacalles festas dos maios

Despois de tres días o barrio de Canido culmina hoxe a festa dos Maios co día por excelencia desta data. A pesar de que as previsións do tempo non son boas, o ánimo no popular barrio ferrolán non decae. Nesta xornada final as primeiras actividades serán a mostra de Maios anunciada a partir das 9.00 horas, a feira desde as 11.00 ás 20.00 horas e un pasarrúas con foguetes e cabezudos co grupo Os Xotas a partir das 11.30.
A activa asociación cultural Muíño do Vento entrega ás 12.00 horas o seu premio literario de textos de contraportada que recibirá o autor compostelán Fernando M. Cimadevila. Será baixo unha gran carpa fronte ao novo centro cívico do barrio, e ademais daranse os premios do III Certame Literario Escolar “Inventa unha flor” organizado entre os centros locais. Os pequenos galardoados recibirán unha peza da ceramista Susana González Amado .
Ademais, haberá actuacións da Escola de Baile Mario Escudero, do coro interescolar dos pequenos participantes no concurso (ao redor de 400) e a música de Bite the Soul, adaptada para esta festa tradicional. Non faltará a maxia do colectivo Lorc & Julit. Tamén haberá un recordo en forma de flor e planta para os asistentes a este acto baixo a carpa. A actividade no barrio continuará cunha sesión vermú con Chiculate, unha actuación do Toxos e Froles ás 19.30 horas e a despedida das festas co Trío Pecados que actuará a partir das 20.30 horas.

documental
A asociación Muíño do Vento está a gravar un documental que culminará mañá e que leva por título “Maio, maio entra en Canido”, sobre a preparación destas xornadas e co protagonismo escolar. O traballo será presentado nunhas xornadas de curtas no mes de setembro.

Canido réndese á tradición dos Maios cun ollo posto no ceo

Te puede interesar