Seis candidaturas concorren este ano ao Premio José Couso

Seis candidaturas, de catro homes e dúas mulleres, concorren este ano ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.

As propostas, tal e como se informou onte, son as seguintes: Asli Erdogan, Ignacio Escolar, Xosé Hermida, Virginia Pérez Alonso, José María Pérez González “Peridis” e Jorge Ramos.

Todos eles foron propostos polos colexiados do CPXG, asociados do club ferrolán ou por entidades e persoas relacionadas coa comunicación polas súas achegas na defensa da liberdade de prensa. Desde onte e ata as 19.00 horas do vindeiro 6 de abril, elixirase ao gañador a través das votacións dos colexiados e asociados dos Club de Prensa. O fallo final darase a coñecer nunha rolda de prensa e a gala de entrega do premio será o 4 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.

candidatos
Asli Erdogan é escritora e activista polos dereitos humanos turca. Física de formación, iniciou a súa carreira literaria en 1994, que compaxinou coa publicación de máis de 200 columnas de opinión en xornais. Foi perseguida e sufriu numerosas campañas de acoso en Turquía. En 2016 foi detida na súa cada, saíndo en liberdade provisoria e ten prohibido abandonar o seus país.

Ignacio Escolar García traballo en varios medios de comunicación antes de fundar en 2007 o diario Público, que dirixiu ata o 2009. Desde 2012 dirixe o xornal dixital eldiario.es. En 2016 cesou a súa partipación no programa de Hoy por Hoy da cadena Ser logo de publicar o seu xornal unha información referida aos Papeis de Panamá nos que supostamente figuraban achegados a Juan Luís Cebrián, presidente executivo do grupo propietario da canle.

Xosé Andrés Vázquez Hermida traballou en diferentes medio galegos antes de asumir en 1989 a correspondencia galega de El País, do que foi subdelegado e delegado ata o peche da edición galega en 2015, trasladándose entón a Madrid. Desde comezos de este ano asume o cargo de delegado en Brasil da devandita cabeceira.

Virgina Pérez Alonso ten unha ampla traxectoria no xornalismo. Desde 2014 é presidenta da Plataforma en Defensa de la Libertad de Información e en 2016 foi escollida membro da xunta directiva do International Press Institute, sendo a primeira española no órgano. Ten destacado na loita contra os excesos da Lei Mordaza.

José María Peréz González, “Peridis”, é arquitecto, escritor e humorista gráfico. Desde o nacemento de El País publica unha tira diaria sobre política.

Jorge Ramos Ávalos, é un xornalista mexicano, país do que emigrou en 1983 tras un incidente de censura. Cubriu cinco guerras e publicou varios libros. En agosto de 2015 protagonizou un incidente con Donald Trump, no que o daquela candidato á Casa Branca o expulsou da sala de prensa.

Seis candidaturas concorren este ano ao Premio José Couso

Te puede interesar