O campus de Ferrol dará mañá a benvida ao alumnado con actividades lúdicas e deportivas

O campus de Ferrol dará mañá a benvida ao alumnado con actividades lúdicas e deportivas
A xornada lúdica terá lugar na praza de Humanidades e nos xardíns de Esteiro

A Universidade da Coruña organizou para mañá, nos seus campus de Elviña e de Ferrol, unha Xornada de benvida ao alumnado con moitas e variadas actividades e con información de interese para os estudantes, tanto referida a cuestións académicas como da oferta cultural e deportiva que terán á súa disposición durante a súa estadía na institución académica herculina.
O reitor da UDC, Julio Abalde, que onte presentou a programa xunto ás vicerreitoras de Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, e a do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, subliñou que a xornada está dirixida tanto ao novo alumnado como ao que permanece.
“É unha forma de integrar ao estudantado na vida diaria da Universidade e de facer vida nos campus”, destacou.
Os que se inscriban e participan nun mínimo de propostas entrarán nun sorteo de tablets, USB’s, suadoiros da UDC, carpetas da UDC e botellas de auga reutilizables.
No caso do campus ferrolán, as actividades terán lugar na praza de Humanidades e nos xardíns de Esteiro. Haberá postos de información de servizos como a ára de Deportes, Cultura, Cooperación e Voluntariado, Igualdade de Xénero, Centro de Linguas, asociacións estudiantís ou da Unidade de Atención á Diversidade.
Así mesmo, poderase participar en propostas como o futbolín humano, golf, esgrima, bicicletas estáticas ou no pintado en común dunha “menina” na fachada exterior da sala fitness coa colaboración da Asociación Cultural “Meninas de Canido”.
Tamén haberá unha exhibición de robots. Están previstas actuacións musicais ás 13.00 e 17.30 horas. O programa de actos estará dinamizado polo cómico galego Pedro Brandariz. l

O campus de Ferrol dará mañá a benvida ao alumnado con actividades lúdicas e deportivas

Te puede interesar