Campamento musical de verán na Compañía de María

Campamento musical de verán na Compañía de María
un momento do concerto de fin de curso celebrado esta semana

O centro de estudios musicais que desde este mesmo curso funciona no colexio Compañía de María ten previsto celebrar do 3 ao 17 de xullo, en horario de 9.30 a 14.00 horas, un campamento musical no que se de-senvolverán diferentes obradoiros e clases individuais e colectivas.
Tamén estará aberto a rapaces que non teñan coñecementos musicais e desexen iniciarse nalgún instrumento. Poderán asistir nenos e nenas de edades comprendidas entre 7 e 16 anos. Na oferta de instrumentos figuran o piano, guitarra, violín, viola, frauta traveseira, guitarra eléctrica e batería.
As persoas interesadas na actividade poden poñerse en contacto cos organizadores a través dos seguintes teléfonos: 676 012 664 ou 630 177 716.
A primeira edición deste campamento, cuxo precio é de 150 euros, incluirá, ademais das clases de instrumento, talleres de intelixencia emocional, de fabricación de instrumentos ou de linguaxe musical lúdico, así como propostas deportivas, concursos musicais, unha ginkana ou un karaoke e concerto de fin de campamento.

fin de curso
E precisamente con dous concertos –cos alumnos dos diferentes niveis educativos– despediu o Centro de Estudos Musicais “Compañía de María” o seu primeiro curso. A cita, na que os alumnos amosaron todo o aprendido nos últimos meses, tivo lugar no colexio.

Campamento musical de verán na Compañía de María

Te puede interesar