No camiño da mancomunidade (CXIV)

No camiño da mancomunidade (CXIV)
Obra de Peña Novo de 1921


Vimos en entregas anteriores as duras palabras que, desde as páxinas d’A Nosa Terra, lle dirixían a Antón Villar Ponte os membros da Irmandade da Fala da Coruña á vista das súas posturas con relación ao golpe de Estado de Primo de Rivera e á conseguinte implantación da ditadura. Non obstante, non ocorreu o mesmo con outras figuras da Irmandade Nazonalista Galega que actuaran dun xeito similar, como eran os casos de Vicente Risco e Antón Losada Diéguez, que tamén aceptaran os cargos de deputados provinciais, postos a dedo polas novas autoridades gobernativas.
Como xa quedou dito, segundo recollía a prensa diaria, no acto de constitución da deputación de Pontevedra -20 de xaneiro de 1924- o novo deputado, designado a dedo, Losada Diéguez manifestara que tal cargo non resultaba moi do seu agrado. Na información “La diputaciones provinciales / Sesiones de constitución”, dada polo diario Galicia de 22 de xaneiro de 1924, no epígrafe “La de Pontevedra / ¿Se va a la Mancomunidad?”, destacábase que na súa intervención o gobernador civil fixera ver “la conveniencia de que los nuevos diputados estudiasen la manera de hacer viable la idea de establecer una Mancomunidad regional”. Neste sentido, a crónica recollía tamén que no uso que fixera da palabra Losada Diéguez manifestara que ocupaba o cargo contra os seus desexos e que a súa xestión “iría unida a la creación de la Mancomunidad regional y que si el proyecto de ésta no se acepta en la primera ocasión, él se verá obligado a renunciar al cargo”.
Sobre ese aspecto acontecido no acto de constitución da deputación pontevedresa expresábase en termos similares, o diario ourensán La Zarpa, do mesmo día 22. Apuntaba que Losada Diéguez dixera que “si iba a la Diputación era por abogar para que el proyecto de la Mancomunidad gallega fuese una realidad lo antes posible” e recollía, de modo textual, esta frase: “-Si no fuera tal, yo presentaría mi dimisión”.
As noticias sobre a constitución da deputación ourensá non se referían para nada a intervencións relacionadas coa Mancomunidade. Destacábase que para ocupar a presidencia fora “votado por unanimidad el prestigioso general D. Tomás Fernández Rodríguez”. Lembremos que Vicente Risco fora designado para ocupar o cargo de deputado provincial, onde, segundo se informaba, fora elixido para ostentar unha das dúas secretarías. Exemplo evidente de que todo viña determinado é, por exemplo, o feito de que os xornais do mesmo día en que se ía constituír a deputación ourensá xa avanzaban quen ocuparía os máximos cargos. Así, concretamente en Galicia, xa se podía ler: “Será elegido presidente el general D. Tomás Fernández, persona que goza de grandes prestigios en esta capital”.
Mais, como xa vimos, na sección “En poucas verbas”, do número de 1º de marzo d’A Nosa Terra, dicíase:
“Temos novas Diputaciós e novos Concellos.
Ao parecer, das primeiras sairá a ‘Mancomunidade Galega’. ¡Ogallá! Eso sería unha boa obra inda que de momento non fose todo o perfeita que debera”, sen mencionar para nada os persoeiros da ING; nada se di nin de Risco, nin de Losada Diéguez.
Pola contra, como tamén xa quedou dito, no referente ás novas corporacións municipais si aparecían nomes. Preguntábanse se dos “Concellos, ¿sairá algo proveitoso para a nosa terra?
Un dos novos rexidores da Cruña é aquel Vilar Ponte, que non hai moito tempo predicaba o ‘arredismo’. Agardamos que a sua actuación marque nun fondo senso galeguista o seu paso pol-o Concello”.
Desde logo, a referencia a Villar Ponte muda bastante o ton empregado no anterior boletín, o do 1º de febreiro, motivado naquel caso pola aparición en Galicia dun artigo do vivariense: “’Anvipo’ pubricou un artigo en ‘Galicia’, de Vigo, onde arremete contra os apolíticos e o apoliticismo”.
Na mesma sección do número do mes anterior, 1º de febreiro, a publicación nacionalista coruñesa lanzara outro ataque contra Villar Ponte, a raíz dun artigo que publicara días antes no Galicia de Vigo:
“’Anvipo’ pubricou un artigo en ‘Galicia’, de Vigo, onde arremete contra os apolíticos e o apoliticismo”. Consecuentemente, o autor, ou autores, da sección lanzaban un par de preguntas. Unha era: “¿Pero en qué quedamos ¿Non eras ti un acérrimo defensor do apoliticismo non fai aínda un ano? Hai que ver señores como cambean certos homes”. E a outra:
“¿Qué buscará agora o ‘camaleónico’ Anvipo, que de tres anos acó trocou varias veces de maneira de pensar?”.
Efectivamente, no diario vigués Galicia, de 18 de xaneiro de 1924, aparecera o artigo de Villar Ponte “Al margen del apoliticismo”, que comezaba falando das intencións das autoridades do rexime ditatorial:
“Ahora los gobernantes quieren que los concejos y demás organismos de la vida pública sean apolíticos. Se propugna por muchos que hacen coro a los que mandan, el apoliticismo.
Nosotros, francamente, no sabemos bien a que carta quedarnos respecto a esto”. Entendía que o de “menos política y más administración” sempre fora lema das clases conservadoras e que o apoliticismo non se concebía en ningún pobo moderno. “Los concejos y demás organismos de la vida pública donde intervengan diversas personas y donde haya que resolver problemas de índole económica, pedagógica, etc., aunque estén integrados por elementos ajenos a toda disciplina partidista, acabarán polarizándose políticamente”. E lembraba que xa Aristóteles falara do home “como un animal político”.
Finalizaba a súa reflexión declarando: “No creemos, pues que el apoliticismo elevado a norma de gobierno pueda dar el mejor resultado ni en Municipio ni en ninguna otra clase de organismos relacionados con la vida pública. Si la política es el arte de gobernar, para gobernar hace falta política y política que arranque de los senos más abscónditos de la conciencia de cada ciudadanos, esto es, hombres poseedores de un ideal que laboren honradamente por imponerlo. Espíritus antípodos de los que, presumiendo de neutros -y este adectivo lo dice todo- se llenan la boca con lo de ‘menos política y más administración’, cual si tamaño pasto anti ideológico pudiera servir de alimento a las ‘élites’ de una república moderna.
Corren aires simplistas; pero, nosotros, por lo menos, queremos preservarnos de ellos”.
Dous días despois, o 20 de xaneiro de 1924, o día en que se ían constituír as novas deputacións, na sección “Nuestros articulistas” -da que era colaborador semanal- do diario Galicia, Villar Ponte publicaba “Los nuevos padres provinciales y el espíritu gallego”.
Comezaba facendo unha valoración negativa das persoas nomeadas para ocupar os cargos provinciais: “A mí no me han nombrado ‘padre’ provincial de R.O. Ni a mi ni apenas a nadie -al menos en La Coruña- que conozca algo, por haber consagrado a ellos muchas horas de estudio, los principales problemas provinciales, que son los del agro y la mariña. Excepto el Sr. Nóvoa Santos y el Sr. Morado, todos los nuevos diputados ‘coruñeses’ profesan un derechismo recalcitrante. Y casi todos, también, resultan pios señores metiditos en años. El ‘nuevo régimen’, esta vez por lo menos, aquí en la Galicia de Finisterre se ha inclinado hacia lo viejo”.
Acto seguido expresaba a súa satisfacción polo feito de que non se tivese pensado nel para formar parte da nova corporación provincial: “De veras celebro que no se me haya incluído en la hornada de tales regeneradores del país. Y lo celebro, porque tendría que renunciar, so pena de ser inconsecuente con mis ideas, a la blanca mano de doña Leonor”.

No camiño da mancomunidade (CXIV)

Te puede interesar