“Camiño ao fogar”, o videoxogo para a terapia ocupacional gañador do Premio Amizade

Gael Alberto Quintela, de Vigo, e Álvaro Martos Suero, de Sevilla, son os creadores galardoados
“Camiño ao fogar”, o videoxogo para a terapia ocupacional gañador do Premio Amizade
Gael Alberto Quintela y Álvaro Martos Suero | Cedida

Gael Alberto Quintela (Vigo) e Álvaro Martos Suero (Sevilla) son alumnos do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, e acaban de resultar gañadores do XXIV Premio Amizade do Rotary Club de Ferrol polo videoxogo “Camiño ao fogar”.


Trátase dunha creación concibida como un Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) orientado para a aplicación en sesións de terapia ocupacional. O seu uso está destinado fundamentalmente ao reforzo de hábitos vinculados coas actividades diarias para aquelas persoas que volven ao fogar tras un ingreso longo.
O galardón consistiu nun diploma acreditativo e un cheque por un valor de 1.500 euros.


Gael Alberto Quintela xa ten experiencia neste tipo de distincións, pois no ano 2024 obtivo o primeiro premio en Xuventude Crea 2024, así como no Festival Novo Enfoque—que desenvolve o estudantado e alumno da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade da Coruña— na categoría de Videoxogos. Neste caso a creación premiada foi “Maestosia”, que se basea na experimentación coa música e o son como mecánicas xogables, abordando a saúde mental como temática principal. 

“Camiño ao fogar”, o videoxogo para a terapia ocupacional gañador do Premio Amizade

Te puede interesar