Boyanka Kostova, Dios Ke Te Crew e Dakidarría integran o cartel do Discalz@s

O festival, que conta con posibilidade de acampar de balde, terá lugar entre este venres e o sábado en Cedeira
Boyanka Kostova, Dios Ke Te Crew e Dakidarría integran o cartel do Discalz@s
Un instante dunha das actuacións da edición do ano pasado | EMILIO CORTIZAS

A décima edición do Discalz@s Polo Festival farase realidade esta fin de semana na praza da Constitución, en Cedeira. Este ano o programa conta con oito proxectos musicais, ademais dunha sesión vermú gratuíta no parque de San Isidro, entre as 12.30 e as 15.00 horas.


O venres honrarán o nome da praza da Revolta os artistas Sandford Music Factory, Dios Ke Te Crew, Dakidarría e Trubo Kraks.  Por outra parte, os proxectos que subirán ao escenario o sábado son Emeterians and Fordward Ever Band, Quinkillada, Boyanka Kostova e Eme DJ.


Os abonos pódense adquirir tanto de xeito presencial como telemático, xa que están dispoñibles no enlace que se facilita na web oficial discalzospolofestival.gal, onde tamén se poden atopar todos os detalles. Para a outra opción, os interesados poden remitirse aos establecementos O Mástil, Reale Seguros, O Peirao e O Chiringo, todos eles localizados no termo municipal de Cedeira. Ademais, haberá unha zona de acampada gratuíta a 500 metros do festival, así como a posibilidade de adquirir comida.

Boyanka Kostova, Dios Ke Te Crew e Dakidarría integran o cartel do Discalz@s

Te puede interesar