O BNG trasladará as demandas do sector cultural da comarca ao pleno da Mancomunidade

O BNG trasladará as demandas do sector cultural da comarca ao pleno da Mancomunidade
Plaza de Armas concentración

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol trasladará as peticións e demandas da Plataforma Cultura Ferrolterra ao vindeiro pleno da Mancomunidade para que os concellos da zona “sexan coñecedores das mesmas e impulsen medidas de apoio ao sector”, apuntan. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG e un dos representantes de Ferrol no pleno do ente supramunicipal, porá así sobre a mesa as propostas recollidas no Manifesto impulsado pola recén constituida plataforma cultural, que o pasado sábado celebrou unha concentración na Praza de Armas para solicitar medidas de apoio ás administracións locais ante a complicada situación pola que está a atravesar o sector como consecuencia da pandemia da Covid-19. Unha situación que, segundo o BNG,, “vén precarizar aínda máis o traballo dun sector que xa tiña moitas dificultades para desenvolver as súas actividades”.

Propoñen priorizar a proximidade na participación cultural, impulsando redes propias que darán maior garantía de seguridade sanitaria, e consideran necesario tamén mudar o modelo de xestión cultural dos concellos, apostando de maneira decidida por “promover o tecido cultural propio desde o momento inicial da súa creación”. Para isto, di o BNG, as administracións deben poñer a disposición do colectivo recursos materiais como espazos e medios de traballo adaptados á nova situación que permitan o desenvolvemento de todo tipo de actividades e instan á Mancomunidade a traballar no relanzamento do sector e a elaborar, entre outras cousas, unha guía de recursos culturais. l

O BNG trasladará as demandas do sector cultural da comarca ao pleno da Mancomunidade

Te puede interesar