O BNG fai un chamamento á participación na manifestación do Día da Patria Galega

O BNG fai un chamamento á participación na manifestación do Día da Patria Galega
A cita tivo lugar no parque da Hortiña, na parroquia fenesa de Limodre | emilio cortizas

Máis dun centenar de personas participaron onte dos festexos da Festa Comarcal do Día da Patria, respondendo así á convocatoria do BNG comarcal que elixiu Fene, polos acontecementos políticos que tiveron lugar nos últimos meses –o pasado abril unha moción de censura do PP e Somos Fene desbancou da Alcaldía a Juventino Trigo–, como escenario da celebración que se retomaba así tras dous anos de parón.
A convocatoria aunou música, xogos e gastronomía no parque da Hortiña, na parroquia de Limodre. Durante o acto, que arrincou cunha sesión vemú a cargo de Manolo Bacalhau. Tamén houbo tempo para as intervencións políticas do exalcalde de Fene, Juventino Trigo, “o noso alcalde”, e da deputada do BNG e membro da executiva nacional Montse Prado que lembrou no seu discurso a importancia da celebración deste ano cando se cumpre o 50 aniversario dos festexos do Día da Patria. “Tamén é motivo de celebración para nós os 30 anos que cumpre a nosa organización xuvenil Galiza Nova”, explicou Mercedes Tobio, responsable comarcal doBNG quen aproveitou a celebración para facer un chamamento á participación na convocatoria do día 25 en Santiago.
Dende o BNG comarcal habilitaranse autobuses para as persoas que queiran asistir á manifestación. Os interesados deberán anotarse como data límite mañá chamando ao número de teléfono 981 364058 o ben na sede comarcal do BNG, na avenida Naturais de Fene. l

O BNG fai un chamamento á participación na manifestación do Día da Patria Galega

Te puede interesar