A biblioteca municipal modifica os seus horarios de apertura e préstamo nestes días con motivo da vindeira festividade e das próximas festas da cidade. Así pois, a biblioteca permanece pechada este xoves por ser día non laborable no Concello de Ferrol. Dende este día ao 18 de agosto, ademais, non estará activo o servizo de devolución no buzón.
Tamén haberá cambios a partir da próxima semana. Neste sentido, desde o departamento explican que con motivo da Semana Grande das festas da cidade, do 19 ao 30 de agosto o horario da Biblioteca Municipal de Ferrol será de luns a venres de 9.30 a 14.00 horas.