O Ateneo afonda nas ideas sobre educación e igualdade de Arenal

O Ateneo afonda nas ideas sobre educación e igualdade de Arenal
06 octubre 2019 página 15 A Coruña.- La editora de "O meu pecado mortal", Celia Pereira, presentó ayer el libro en un acto en la librería Berbiriana Celia Pereira y Marta Núñez durante la presentación de a

Ás seis do serán de hoxe comeza no Ateneo Ferrolán a primera xornada do ciclo “O mundo do porvir: Bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte” que organiza o Consello da Cultura Galega a través do seu Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos –CDIF–.

Nesta ocasión, os temas que tratarán a avogada Celia Pereira Porto, a catedrática de Xeografía e Historia Ana Romero Masiá e a profesora de Filosofía África López Souto acubíllanse baixo o título desta primeira xornada, “Amor, educación e igualdade para o progreso”, co que as ponentes abordarán o contexto histórico e intelectual que lle tocou vivir a Concepción Arenal, as súas ideas pedagóxicas e como tratou de levalas á práctica e, tamén, como priorizou a atención ás clases máis desfavorecidas. Presentará o acto, que está organizado para un aforo máximo de trinta persoas, a directora do CDIF, María Xosé Porteiro.

Esta será a primeira mesa redonda que se desenvolva no marco deste ciclo. As próximas semanas tamén chegará a outras cidades galegas e nelas glosará diferentes aspectos da vida da intelectual ferrolá. Así, o 23 de outubro visitará a Fundación Luís Seoane, na Coruña; o 29, o Marco, de Vigo, e, para pechalo, o 6 de novembro, a sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.

 

COORDINADORA DAS XORNADAS A AVOGADA CELIA PEREIRA DESTACA A COHERENCIA DE PENSAMENTO DA INTELECTUAL FERROLÁ

Celia Pereira | “Sempre tivo o punto de mira nas persoas máis desfavorecidas”
A avogada Celia Pereira, ademais de coordinar esta primera xornada, encargarase de explicar o contexto histórico e intelectual de Concepción Arenal.

Cal é o obxectivo da xornada? 
Non só conmemorar o seu bicentenario, senón continuar coñecendo e difundindo o seu legado e avaliar o que supón en termos históricos o que fixo e o que dixo. Cando 200 anos despois seguimos vendo a importancia que tivo, é loxicamente porque fixo cousas diferentes. Ese carácter extraordinario tamén llo dá o feito de que se seguimos falando, a pesar do que levamos avanzado, de que homes e mulleres non temos as mesmas oportunidades, imaxina daquela... A clase social tamén inflúe, mais o sexo e o xénero seguen marcando. O acceso á cultura e xa non digamos ter unha certa voz pública era extraordinario para as mulleres daquela, e ela non só a tivo senón que foi un referente.

Que destacaría do seu pensamento? 
Hai cousas que poden sorprender máis, como o sacerdocio feminino ou non querer dereitos políticos para as mulleres. É difícil destacar só unha porque a súa obra é inmensa e abrangue xéneros e temáticas moi diversas –educación, filosofía, dereito–, pero si hai un elemento que percorre toda a súa obra e é ter sempre o punto de mira nas persoas máis desfavorecidas, cunha atención especial para as mulleres, e tratar de facer algo non só desde un punto de vista intelectual, senón transformar a sociedade, sen ser, porque non era a súa ideoloxía, revolucionaria. O enfoque é sempre ese. Desde ese punto de vista, é bastante coherente, tamén no concreto. O caso dos dereitos políticos para a muller ten que ver coa concepción da política que tiña ela na súa época, que, en expresión miña, non quería que as mulleres mancharan as mans. E a respecto do tema relixioso, era unha persoa relixiosa, pero non devota, e foi crítica coas cuestións de doutrina que non tiñan que ver cun sentimento profundo da espiritualidade. Ela non quería no ensino público unha instrución relixiosa como doutrina ou credo, e mira como estamos hoxe...

Fala de fuxir da descontextualización da súa figura. Por que? 
Logo de morrer Concepción Arenal houbo homenaxes e, nunha delas, o médico e criminólogo Rafael Salillas dixo que Arenal era máis citada que en vida. Isto é xeral na nosa cultura. Andamos máis con citas, referencias ou fontes secundarias que indo ao orixinal. A nosa pretensión é outra: coas limitacións de tempo, espazo e sanitarias, queremos dar conta de cada unha das temáticas da forma máis exhaustiva para que se entenda quen foi realmente Arenal.l

O Ateneo afonda nas ideas sobre educación e igualdade de Arenal

Te puede interesar