A Asociación Cultural Troula do Ortegal organiza a nova Xuntanza de Grupos Rexionais

A Asociación Cultural Troula do Ortegal organiza a nova Xuntanza de Grupos Rexionais
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-469e74cb

A música galega será a protagonista o sábado no Centro Social de San Adrián, en Ortigueira, co gallo da XII Xuntanza de Grupos Rexionais organizada pola Asociación Cultural Troula do Ortegal.

O encontro, que dará comezo ás seis da tarde, contará desta volta coa participación de seis agrupacións. Así, xunto á anfitriona, actuarán as formacións Osorio Gutiérrez de Lourenzá (Lugo); Amado Lar, de Valadouro (Lugo); e Cantareiros de Buxainas, de Cedeira.

A iniciativa, cuxa entrada é totalmente libre e de balde, conta coa colaboración do Concello de Ortigueira, a comunidade de montes de San Adrián de Veiga e tamén da Deputación Provincial, segundo se informou.

Aberto o prazo de prematrícula na Escola de Música de Ortigueira

A Escola de Música do Concello de Ortigueira, que comezou a súa andaina no ano 2000, ten aberto ata o día 28 o prazo de prematrícula para o vindeiro curso escolar. Xunto ao ensino propio de instrumentos de corda, folk, percusión, piano, vento-madeira e vento-metal, tamén se imparten as materias de Música e Movemento, Linguaxe Musical, Conxuntos Instrumentais e Vocais e Dirección, Harmonía e Análise e Historia da Música. A idade mínima para acceder ao centro é de tres anos. As prazas son limitadas e serán cubertas por orde de inscrición na prematrícula –terán preferencia os que xa estiveron matriculados no curso actual–. O trámite pódese realizar na propia secretaría da Escola de Música ou a través da páxina web.

A Asociación Cultural Troula do Ortegal organiza a nova Xuntanza de Grupos Rexionais

Te puede interesar