A asociación Columba presenta hoxe en Covas o número 15 da súa revista

Hoxe ás 20.00 horas terá lugar na Biblioteca Columba de Covas a presentación do número 15 da revista de historia local “Columba”, coa presenza do concelleiro de Cultura e Universidade Manuel Reyes García Hurtado, e do presidente da entidade, José López Hermida.

A asociación Columba presenta hoxe en Covas o número 15 da súa revista
Cuberta da nova publicación
Cuberta da nova publicación

Hoxe ás 20.00 horas terá lugar na Biblioteca Columba de Covas a presentación do número 15 da revista de historia local “Columba”, coa presenza do concelleiro de Cultura e Universidade Manuel Reyes García Hurtado, e do presidente da entidade, José López Hermida.
Esta publicación que segue o ronsel das mellores propostas de historia local da comarca (Cátedra, Revista de Neda, etc.) continúa o seu percorrido aumentando o seu centro de interese de Covas ao resto da comarca. Así o contido deste volume vai da historia á toponimia pasando por temas navais, patrimonio natural ou arquitectónico. Os lectores poden atoparse con traballos como “Os seres míticos. Lendas e contos da Terra Extrema”, a cargo de Xabier Monteiro Graña, así como “O insólito dalgúns topónimos” e “Un estimulante coloquio sobre Os desherdados”, ámbolos dous a cargo do escritor local Henrique Dacosta. Tamén poderán lerse os artigos “Unterseeboote en nuestras costas”, de   Mario Valdivieso; “Los cañones de O Medote”, de José López Hermida  e Yago Abilleira Crespo, ou “Aurora Rodríguez, nai da nena-prodixio Hildegart”, a cargo da historiadora Manuela Santalla, entre outros textos.
Ao igual que co resto dos números, “Columba” sae á rúa cunha tirada de 500 exemplares a un prezo de 3 euros. Para as persoas interesadas en facerse con unha desde a asociación de Covas remítenas á Central Librera da rúa Dolores.