Paisaxes como as das praias da Magdalena ou Doniños, o porto de Mugardos ou a vila de Redes inclúense entre as 30 fotografías que compoñen a mostra “Coa Mente no Mar. Proxecto ASCIDIA”, que se inaugurou onte na sala de exposicións do Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol. Esta proposta, que vén da man do GALP Golfo Ártabro Norte co apoio da Consellería do Mar e da Unión Europea, poderase visitar no espazo até o venres 16.
Está previsto que o luns 19 a exposición exhíbase no CPR Loyola de Mugardos e que nas seguintes semanas trasládese tamén a outros concellos da comarca como son Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Pontedeume.
No acto de apertura participaron a vicerreitora, Ana Ares; a xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, Tamara Tilve, e boa parte dos fotógrafos e fotógrafas usuarias da Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal que participaron no proxecto.