As clases do curso 2013/2014 da UDC comezarán o vindeiro 9 de setembro

Os estudantes dos graos que se imparten na Universidade da Coruña terán que empezar as clases do vindeiro curso 2013/2014 o 9 de setembro. Esta é a data que se recolle no calendario académico aprobado onte polo Consello de Goberno e que se prolongará do 2 de setembro ao 31 de xullo. As clases estenderanse ata o 20 de decembro no primeiro cuadrimestre e retomaranse entre o 28 de xaneiro e o 16 de maio, no que será o segundo cuadrimestre –as clases suspenderanse durante os períodos de avaliación–.
Os períodos de exames terán lugar do 8 ao 24 de xaneiro e do 19 de maio ao 6 de xuño, respectivamente. A oportunidade de xullo, o que antes correspondía á convocatoria de setembro, será do 1 ao 18 de xullo. Nesta convocatoria, os exames organizaranse de maneira que primeiro se realicen os correspondentes ás materias do primeiro cuadrimestre e a continuación os das asignaturas do segundo.
Como se lembrará, a adaptación do sistema universitario ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), coñecido como Plan Boloña, supuxo un cambio tamén no calendario académico, anticipándose a setembro o inicio do curso escolar e a xullo o remate do mesmo.

O Consello de Goberno aprobou tamén onte o límite de prazas nas diferentes titulacións

plans antigos
Para os alumnos matriculados nos planos de estudo non adaptados ao EEES, o curso irá do 23 de setembro ata o 22 de setembro de 2014 –o primeiro cuadrimestre abranguerá ata o 17 de xaneiro e o segundo do 10 de febreiro ao 30 de maio–. Os exames terán lugar do 20 de xaneiro ao 7 de febreiro e do 2 ao 20 de xuño –a convocatoria de setembro será entre o 1 e o 12–.
O Consello de Goberno deu tamén onte o visto e prace á composición dos grupos de traballo que terán que elaborar o documento da planificación estratéxica da UDC para 2013/2020.

As clases do curso 2013/2014 da UDC comezarán o vindeiro 9 de setembro

Te puede interesar