Artxove, a ventá á arte nova desde Pontedeume, cumpre XX edicións

Artxove, a ventá  á arte nova desde Pontedeume, cumpre XX edicións

O sábado ás 18.00 horas inaugúrase na casa da Cultura de Pontedeume, no antigo convento de san Agostiño, a XX edición de Artxove, a cita dos novos creadores galegos nas disciplinas de pintura, escultura, fotografía e xoiería.  Este evento organizado polo Concello eumés estará aberto desde o sábado 28 ata o 12 de abril en horario de 18.00 a 21.00 horas, tanto en xornadas de diario como festivos.

Un total de 45 artistas de menos de 35 anos participan nesta significativa cita coas artes plásticas. Todos eles procedentes das catro provincias galegas. Poderán verse un total de 63 obras, 31 pinturas, 25 fotografías e sete esculturas. A maiores, a mostra recupera varios obras de xoiería, que non se puideron ver na edición do pasado ano, a cargo de sete deseñadores procedentes da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago.

Catálogo

Na xornada do sábado participará, facendo unha presentación inaugural, a crítica de arte Juana Prieto Luna, ademais das autoridades municipais. En relación a isto, os asistentes ao acto poderán levar o catálogo da mostra do que se veñen de tirar 500 exemplares.

Ao longo desta vintena de edicións, pasaron pola mostra eumesa un total de 1.300 artistas e creadores, todos eles de Galicia ou residentes na comunidade. Desde a organización, que onte traballaba nos toques finais da exposición, sinalan que a inmensa maioría dos mesmos que repetiron “fixérono coa mesma ilusión e gañas, incluso aqueles que desde as súas primeriras edicións foron consolidándose no panorama artístico do país”. Como cada ano, a cita desenvólvese na Casa da Cultura eumesa, un remodelado espazo cunhas características idóneas para a exhibición artística.

Artxove, a ventá á arte nova desde Pontedeume, cumpre XX edicións

Te puede interesar