Antón Cortizas | “Este proxecto xurdiu da emoción de ser avó”

Antón Cortizas | “Este proxecto xurdiu da emoción de ser avó”
Antón Cortizas

Recén saído do forno será presentado mañá en Pontevedra, no marco do Culturgal, o novo proxecto xurdido da inqueda e prolífica mente do escritor e mestre ferrolán Antón Cortizas. A emoción sentida polo feito de converterse en avó traduciuse no papel en poemas nos que a súa neta e a lingua galega comparten protagonismo.

Mais non quedou aí a cousa. A posibilidade de musicar e interpretar eses versos, axiña atoparon o respaldo de artistas que agora forman parte tamén deste traballo coral no que Leandro Lamas se encarga das ilustracións e que leva por nome “O Colo das Palavras. Umha grainha de semente”.

O libro encádrase ademais no Projeto Educativo Semente, escola de ensino en galego, que edita a obra.

Músicos
O texto inclúe unha escolma de 16 poemas entre os que, xunto aos de Cortizas, figuran tres das súas fillas, Catuxa, Rosalía e Antía, musicados por Alonso Caxade, César Freiría (Cé Orquestra Pantasma), Guadi Galego, João Afonso, Fatado do Colo (Leandro Lamas, Lorenta Montero e Paula, Silvia e Óscar Fojo), Manolo Bacalhau, Sara Vidal, Servando Barreiro, Sergio Tannus, Sofía Espiñeira, Tanxugueiras, Uxía, Viridiana Barreiro, Xoán Padín, e Xurxo Souto con Icía e Manuela Souto Queiro. Antón Cortizas salienta a colaboración de todos estes músicos, sen cuxo apoio non se podería levar adiante un proxecto que pon de manifesto a “xenerosidade” de todas estas persoas..

Desde mañá, o libro-cedé poderá ser mercado a un prezo de 20 euros.

Antón Cortizas | “Este proxecto xurdiu da emoción de ser avó”

Te puede interesar