Miércoles 12.12.2018

Anna Rosell abre as Xornadas Literarias de Neda adicadas a Thomas Mann

A profesora, escritora e tradutora catalá Anna Rossell foi a encargada de pronunciar a primeira conferencia da XI edición das Xornadas Literarias de Neda que onte se inauguraron no Campus de Esteiro adicadas ao escritor alemán Thomas Mann.

un momento da apertura do curso daniel alexandre
un momento da apertura do curso daniel alexandre

A profesora, escritora e tradutora catalá Anna Rossell foi a encargada de pronunciar a primeira conferencia da XI edición das Xornadas Literarias de Neda que onte se inauguraron no Campus de Esteiro adicadas ao escritor alemán Thomas Mann. Baixo o título “Thomas Mann: la humanización de un mito I”. Rosell trazou a primeira das charlas que protagonizará nesta programación falando da vida e obra do Premio Nobel.
Anteriormente, o decano da Facultade de Humanidades, Manuel Recuero, e o profesor Montero Fenollós presentaron oficialmente o programa no salón de actos do Vicerreitorado do Campus de Esteiro. As xornadas están organizadas polo Concello de Neda en colaboración coa Universidade da Coruña para conmemorar o Día do Libro.

na casa das palmeiras
Hoxe e mañá as xornadas trasládanse á Casa das Palmeiras de Neda. Ás 19.30 horas os alumnos do Clube de Lectura da Biblioteca do IES Fernando Esquío falarán da obra de Thomas Mann “Morte en Venecia”. O seu taller precederá á segunda intervención de Anna Rossell, que continuará a afondar na vida, traxectoria e obra do autor. A continuación celebrarase un coloquio aberto ao público asistente, pechando as xornadas cun concerto da artista Beatriz García que fai un tributo ao cabaret dos anos 30. A actuación levarase a cabo na Casa da Cultura.
O venres continuarán as actividades cun curso básico de alemán; a profesora da USC, Rosa Marta Gómez, ofrecerá a conferencia “De viaxe con Thomas Mann”. E, de seguido, tomará o relevo José Manuel Sande, especialista en cine e literatura. Finalmente proxectarase “Muerte en Venecia”, dirixido por Luccino Visconti sobre a obra de Mann.

Comentarios