Albert Pla e Luis Piedrahita dan forma á axenda cultural da fin de semana en Ferrol

Albert Pla e Luis Piedrahita dan forma á axenda cultural da fin de semana en Ferrol
Albert Pla y Luis Piedrahita | d.a.

A bo ritmo están a ser adquiridas as entradas para os dous espectáculos que esta semana terán lugar no marco da axenda cultural da cidade ferrolá. O primeiro está protagonizado polo polifacético artista catalán Albert Pla, que este venres levará ao Jofre (20.30 horas) o seu novo espectáculo “Miedo 2.0”. Trátase dunha proposta multimedia na que haberá espazo para a música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas. Baixo a dirección teatral de Pepe Miravete, esta coprodución do Complejo Teatral de Bos Aires, chega a Galicia logo dun parón de dous meses por mor da situación sanitaria.

El só enriba do escenario, vestido coa xa clásica túnica e botas de auga, acompáñase desta volta dunha impactante posta en escena, baseada en tecnoloxías visuais de vangarda. Raül Refree colabora na composición das cancións. Ata a mañá de onte foron vendidas 209 entradas –o aforo do Jofre suma un total de 552 prazas–.

A actividade cultural continuará o sábado, ás 20.00 horas no Auditorio de Ferrol, coa nova proposta do cómico coruñés Luis Piedrahita. Alí achegará ao público o seu monólogo “Es mi palabra contra la mía”, cheo de enxeño e tenrura. Neste caso, foron xa vendidas algo máis de 600 entradas (a capacidade do Auditorio sitúase nun total de 880 persoas–. 

Albert Pla e Luis Piedrahita dan forma á axenda cultural da fin de semana en Ferrol

Te puede interesar