A Agrupación Instrutiva establece novos lazos con galegos residentes en Cuba

A Agrupación Instrutiva establece novos lazos con galegos residentes en Cuba
Un momento da conexión en directo con Cuba | cedida

A Agrupación Instrutiva de Caamouco continúa tecendo lazos co país no que se fundou no ano 1911. A xunta directiva la sociedade vén de recibir no seu centro social da Tenencia a Caridad Fernández, que representa a 35 microsociedades galegas en Cuba e que visita estes días Galicia para participar no Consello da Migración en Compostela.

Fernández, que aínda mantén parte da súa familia na Capela, quixo tamén achegarse ata Caamouco para coñecer en primeira persoa como é o traballo que fai a Agrupación Instrutiva de cara a recuperar os vínculos transoceánicos entre Caamouco e Cuba. Nun acto aberto a socios e veciños, Caridad Fernández aproveitou para explicar como é na actualidade o traballo que levan a cabo as sociedades galegas que a día de hoxe seguen activas no país caribeño. Así mesmo, lamentou que cada vez son menos as organizacións que manteñen unha actividade regular. Apuntou tamén que resulta case imposible manter o contacto coas sociedades asentadas en Galicia, por complicacións á hora de establecer comunicación e porque, directamente, non reciben resposta algunha.

A Agrupación trasladoulle o seu compromiso de manter un contacto permanente. Nese sentido, a xunta directiva avanzou que a súa intención é traballar para lograr irmandarse cun colectivo galego-cubano co obxectivo de manter un vínculo activo. coa colectividade galega.

En directo

Aproveitando a visita de Caridad, a Agrupación Instrutiva estableceu a súa primeira conexión en directo con Cuba, para falar con Arantxa Fernández, directora da cátedra de Cultura Galega na Universidade da Habana. l

A Agrupación Instrutiva establece novos lazos con galegos residentes en Cuba

Te puede interesar