Afundación acolle desde onte a mostra “Heroes animados”

Afundación acolle desde onte a mostra “Heroes animados”
Afundación Exposición Animación

A sede ferrolana de Afundación inaugurou onte a exposición “Heroes animados”. A mostra, que poderá verse ata o vindeiro 9 de xullo en horario de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, achega en detalle o proceso de deseño e creación dos personaxes nas películas de animación, a partir do traballo desenvolvido polo pretixioso Grangel Studio. Recolle así algunhas pezas e materiais de películas tan coñecidas como Madagascar, Hotel Transilvania, O Príncipe de Exipto ou Kung Fu Panda. O comisario da mostra, Manuel Mejide, e coordinadora da sede, Tatiana Puente, salientaron a relevancia da iniciativa expositiva para alimentar e fomentar a creatividade sobre todo entre os máis pequenos- 

Afundación acolle desde onte a mostra “Heroes animados”

Te puede interesar