lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Adega impartirá en Fene o seu derradeiro curso de Técnico de Compostaxe

O concelleiro Xusto Ardá xunto a María Amigo, de Adega, presentando o curso | Cedida

A Asociación Ecoloxista Adega presentou, xunto co concello de Fene, o seu cuarto e derradeiro “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” de 2022, e  xa ten aberto o prazo de prazo de inscrición.


No acto estiveron presentes María Amigo, coordinadora en Adega desta formación e Xusto Martínez Ardá, concelleiro de Desenvolvemento Teritorial e do Medio Ambiente na administración local fenesa.


O curso de técnico de compostaxe desenvolverase do 21 de novembro ate o 23 de decembro. O obxectivo principal é formar a persoas desempregadas para que acaden os coñecementos e capacitación necesaria para exercer como profesionais nos diferentes procesos e técnicas de compostaxe da materia orgánica. Algunhas das destrezas que se acadarán ao rematar o curso teñen que ver con saber determinar a calidade do compost e o seu ámbito de aplicación ou co manexo dos composteiros domésticos e áreas de compostaxe comunitarias.


Durante o curso realizaranse múltiples actividades de educación ambiental, ciencia cidadá e participación social, ademais de sesións prácticas no programa de compostaxe do concello de Fene e unha visita guiada ás instalacións de Ecocelta Galicia S.L., empresa galega pioneira na lombricultura, compostaxe,  produción e venda de fertilizantes e substratos orgánicos.


Este proxecto está financiado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Empleaverde, iniciativa dirixida ao impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.


Matrícula


O Curso de Técnico de Compostaxe Descentralizada que se de-senvolverá no concello de Fene é o cuarto de todos os ciclos formativos que ADEGA pretende executar ata finais de ano. O período de formación da acción en mestría de compostaxe terá lugar entre o 21 de novembro e o 23 de decembro. A formación completa consta de 100 horas presenciais e os contidos teórico-prácticos impartiranse de luns a venres en horario de 09:00h a 14:00h na aula do departamento de Cultura fenés.


Esta formación está destinada a persoas desempregadas e será totalmente de balde para o alumnado. Dado que as prazas son limitadas, recoméndase que as persoas interesadas entreguen o formulario de inscrición antes do 18 de novembro. Os que finalicen o curso recibirán un Certificado de Mestría en Compostaxe emitido pola entidade estatal Composta en Red, así como asesoramento e orientación na procura de emprego que facilite a inserción laboral. Tamén poden solicitar información no e-mail compostaxe@adega.gal ou no teléfono 628 378 804. l

Adega impartirá en Fene o seu derradeiro curso de Técnico de Compostaxe

Te puede interesar