Martes 18.12.2018

Abertas as inscricións para o obradoiro infantil do Festival Jazz de Ría do vindeiro agosto

O Festival Jazz de Ría, que terá lugar do 13 ao 19 de agosto en Ferrol e Mugardos, ten aberto xa o prazo de inscrición para o Obradoiro de Jazz e Improvisación para grandes voces pequenas –totalmente de balde– enmarcado no programa musical e dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade.

O cartel do festival foi presentado hai uns días | jorge meis
O cartel do festival foi presentado hai uns días | jorge meis

O Festival Jazz de Ría, que terá lugar do 13 ao 19 de agosto en Ferrol e Mugardos, ten aberto xa o prazo de inscrición para o Obradoiro de Jazz e Improvisación para grandes voces pequenas –totalmente de balde– enmarcado no programa musical e dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade.
A actividade terá lugar no centro cultural Torrente Ballester nos días previos ao comezo dos concertos, do 13 ao 16 entre as 10.00 e as 14.00 horas, e ten como obxectivo contribuír á formación jazzística das novas xeracións.
Será impartido por Mapi Quintana, lincenciada e máster en canto polo departamento de jazz do Conservatorio de Ámsterdam. É profesora Máster Certificada (CMT) de Estill Voice Training System (EVTS). Na súa discografía conta con nove traballos, publicados con diferentes proxectos de España e Holanda, todos relacionados co jazz, a música tradicional e a improvisación. É parte do grupo vocal Femme Fetén.
Grupos
Mapi Quintana será a mestra do grupo dos maiores (de 9 a 12 anos), mentres que do de pequenos (de 5 a 8 anos) encargarase Maite García Heres, licenciada en piano polo Conservatorio de Oviedo, directora do Centro de Artes Escénicas 440 e membro do coro El León de Oro.
Os dous grupos de idade farán actividade conxuntas e outras por separado para adaptar os contidos ás idades dos participantes.
O obradoiro ten por obxectivo introducir aos nenos neste xénero para favorecer a súa integración como público presente e futuro do Jazz de Ría, adentrándose no ámbito da improvisación, parte fundamental do jazz.
Obxectivos
Romper a tendencia dos roles de xénero na música e contar coa voz como instrumento musical común a todas as realidades sociais son outras das finalidades do taller. Ao remate do mesmo, farase un concerto-mostra do aprendido. Será o xoves 16 de agosto, ás 20.00 horas, no Baluarte da cidade naval. Na actuación, os nenos e nenas participantes da residencia amosarán ao público o resultado da súa aprendizaxe, formando parte da programación musical que entre o día 17 e o 19 traerá a Ferrol a recoñecidos músicos do xénero.
As inscricións para tomar parte no obradoiro poden formalizarse a través da web [email protected] l

Comentarios