Aberta a mostra artística do camiño Inglés froito dos proxectos da Fanpa

Aberta a mostra artística do camiño Inglés froito dos proxectos da Fanpa
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-c8507291

A sede ferrolá de Afundación abriu onte as súas portas a unha serie de obras artísticas cun nexo en común: o Camiño Inglés. Escolares dos colexios de Esteiro e das Discípulas e artistas locais da Sociedad Artística Ferrolana asinan a trintena de traballo que desde poden ser contempladas no devandito espazo expositivo, onde onte foi inaugurada a mostra.

Esta é froito dos proxectos desenvolvidos pola Federación de Anpas de Ferrol e Comarca “Concepción Arena” dentro do programa “O Teu Xacobeo”, cuxo obxectivo é a posta en valor da ruta que parte da cidade naval para concluír en Compostela.

Festival
Os traballos agora expostos foron elaborados no decurso do I Festival do Camiño Inglés celebrado o pasado mes de outubro no peirao de Curuxeiras coa participación de diferentes centros educativos da cidade e comarca.

As tres mellores obras dos escolares recibirán “un premio moi especial” que será entregado antes da data de finalización da exposición, que permanecerá na sede de Afundación ata o vindeiro 8 de marzo.

O acto inaugural, celebrado na mañá de onte, contou coa presenza de representantes da devandita Federación e da SAF, así como con moitos dos artistas que expoñen as súas obras tales como Manuel Carballeira, Sol Lamas, Novais, Montse Pernas, Rosa F. Salanova, Chechela, Carla Villaamil, Mané JM Álvarez, Enrique V, Patricia Ocampo, Epi Fabal e Carlos Barcón.

Proxectos
A actividade impulsada por Fanpa Ferrolterra “Concepción Arenal” no marco do programa da Xunta incluíu tamén unhas xornadas formativas sobre o Camiños Inglés que englobaron o traballo sobre unha unidade didácticas mais a realización de peregrinaxes por parte dos escolares nalgúns dos tramos que percorren a devandita ruta xacobea polo municipio ferrolán.

Aberta a mostra artística do camiño Inglés froito dos proxectos da Fanpa

Te puede interesar