jueves 20.02.2020

A XXIV edición Feira do Libro de Ferrol que hoxe comeza abre a temporada en Galicia

Comeza hoxe a XXIV Feira do Libro de Ferrol e a súa VI Festa da Lectura, do Libro e da Palabra na praza da Constitución. A cita alóngase ata o día 23 e abre o calendario destes eventos en toda  Galicia.

os postos volverán situarse na praza da constitrución	luis polo
os postos volverán situarse na praza da constitrución luis polo

Comeza hoxe a XXIV Feira do Libro de Ferrol e a súa VI Festa da Lectura, do Libro e da Palabra na praza da Constitución. A cita alóngase ata o día 23 e abre o calendario destes eventos en toda  Galicia.

A feira contará con oito postos, menos que noutras edicións, que permanecerán abertos en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00. A fin de semana o horario de mediodía alóngase ata as 14.30. Manuel Rodríguez, director da cita e presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, salienta que, para esta edición, conxúganse “boas expectativas e novidades, como a atención ao libro dixital, a caseta outlet con libros de ocasión, as presentacións nas casetas ou o ambigú-cafetaría”.

O listado de participantes comprende á Libraría Cortizas (Ferrol), Metrópolis Cómics, Central Librera Dolores, Espacio Lector Nobel (Ferrol), Libraría Cartabón (Vigo) e A Serpe Edicións. Tamén haberá unha caseta para Biblioteca Infantil, cun amplo catálogo de libros infantís a disposición dos máis pequenos, e unha Caseta Outlet, con libros descatalogados e de ocasión.

programa

O programa comeza ás 10.00 horas con xogos infantís para os colexios, obradoiros de chapas e cadernos a cargo do profesorado e alumnado do Centro Ocupacional Aspaneps. De 12.00 a 14.00 horas o fiscal Luis Anguita Juega presenta “Siempre habrá un lugar para soñar” e “Donde está tu destino”. Ás seis da tarde celébrase o espectáculo de contos “As dúbidas dos animais”, realizado por Fátima. De 18.00 a 20.30 horas o brooker ferrolán Alberto Chan asinará “Gane dinero en Bolsa” e “De pezqueñín a tiburón”. A inauguración oficial da feira será ás 19.00 horas coa actuación do Toxos e Froles e a intervención dos representantes institucionais.

Posteriormente actuará o narrador oral Celso Fernández Sanmartín cos seus relatos “Bicoca de boca en boca”. Xa, ás 20.00 horas, presentarase o libro e audiovisual “Un chapeu negro e un nariz de paiaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño”, que inclúe textos de Montse Penas Presas e imaxes e son de Gonzalo Enríquez Veloso.

Comentarios