A mostra Elas fan Tech chega o mércores a Humanidades

Despois dun longo mes de plena actividade, a exposición que a Universidade da Coruña ten na sala herculin aNormal, Elas Fan Tech, afronta a súa sétima e derradeira semana de actividades, cunha serie de tres conferencias que analizarán o binomio muller e tecnoloxía desde diferentes perspectivas.

Unha delas terá lugar o vindeiro mércores día 6, a partir das 19.30 horas, na Facultade de Humanidades do campus de Ferrol. Alí estará ese día a devandita mostra e tamén a socióloga e experta en xénero e políticas de igualdade Cristina Justo, que ofrecerá a conferencia “Mulleres e Tecnoloxía: abrindo a caixa de Pandora”. Nela analizarase a participación feminina no ámbito tecnolóxico, desde unha perspectiva feminista.

 

exposición

Elas Fan Tech reúne unha serie de artistas españolas e internacionais que veñen explorando as posibilidades expresivas dos medios tecnolóxicos na súa obra. A exposición inclúe varias actividades nas que a presenza feminina nas novas tecnoloxías afírmase con potencia e rotundidade.

Doce artistas que entrecruzan o factor lúdico co científico, o humor coa fantasía ou a política, mesturando estética e ciencia en múltiples medios dixitais. A entrada á mostra é totalmente libre.

 

A mostra Elas fan Tech chega o mércores a Humanidades

Te puede interesar